30 de xul. de 2010

OIA

IV FESTA GASTRONÓMICA DO CARAMUXO, MINCHA OU BÍGARO
PEDORNES
31 DE XULLO E 1 DE AGOSTO



Infogauda / Pedornes

A Asociación de Veciños “A Muruxeira”, de Pedornes (Oia), organiza a IV Festa Gastronómica do Caramuxo (Mincha ou Bígaro), coa colaboura da Asociación Cultural “San Mamed”, do Concello de Oia, e dos veciños de Pedornes. Este evento gastronómico celebrarase esta fin de semana (sábado, 31 de xullo e domingo, 1 de agosto) desde ás 12 do mediodía, no terreiro e no Centro Cultural de Pedornes (praza do Calvario).
Con esta celebración gastronómica, os veciños de Pedornes dan a coñecer un produto típico do noso litoral atlántico, de saboroso padal, e que desde tempos inmemoriais, foi consumido pola xente das poboacións costeiras, tanto en Oia, como na Guarda e no Rosal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario