15 de xul. de 2010

A MELLOR PUNTUACIÓN É A DO S. JERÓNIMO EMILIANI, S. L.
O CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO S. JERÓNIMO EMILIANI GAÑOU O CONCURSO PÚBLICO PARA O MANTEMENTO E CONSERVACIÓN DE XARDÍNS E ZOAS VERDES DO CONCELLO DE A GUARDA


- Este contrato suporá 6 novos postos de traballos



Centro Especial de Emprego S. Jerónimo Emiliani / A Guarda


“Resolvo proceder á adjudicación provisional do contrato de PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE MANTEMENTO E CONSERVACIÓN DE XARDÍNS E ZONAS VERDES DO CONCELLO DE A GUARDA (…)”

A secretaria do concello de A Guarda, con data de 2 de xullo de 2010, comunica nestes termos a resolución tomada pola comisión encargada da adjudicación de este servizo.

Trátase dun concurso público no que concursan 8 empresas, algunhas presentes en todo estado español, e onde o Centro Especial de Emprego S. Jerónimo Emiliani intenta facerse un sitio despois de mais de dez anos traballando no sector da xardinería e demostrando que “podemos e aproveitamos as poucas oportunidades que temos para integrarnos na sociedade e mais concretamente no mundo laboral”.

Este contrato suporá un total de seis novos postos de traballo para persoas con discapacidade da comarca do Baixo Miño, especialmente de A Guarda, que unidos os dez que xa están traballando fai un total de 16 traballadores/as.

Unha boa noticia en tempo de crisis. Quizais sexa unha característica do S. Xerome que, dende sempre, en momentos de dificultade responde con mais traballo e mais compromiso.

Soñamos con seguir crecendo ate chegar a estar presentes en tódolos concellos do Baixo Miño para dar traballo a mais persoas con discapacidade.

O noso agradecemento a todos os clientes particulares e institucións que dende o principio apostaron pola nosa empresa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario