A MINISTRA DE MEDIO AMBIENTE INAUGURA O LUNS DÍA 19 DE XULLO, A SENDA LITORAL

Infogauda / A Guarda
A ministra de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, Elena Espinosa, acompañada polo Secretario General del Mar, Juan Carlos Martín Fragueiro e o alcalde de A Guarda, Jose Manuel Domínguez Freitas, inaugurará este luns día 19 de xullo, ás 12.00 horas, na zoa de Porto Santo, preto da Cruz dos Afogados (Camposancos), a senda litoral das faldras do monte Santa Trega e a protección dunar da praia de Camposancos, obras nas que o o devandito ministerio investiu máis de 2.455.000 euros.
A obra, notoriamente cuestionada por un importante colectivo veciñal, xa que non satisface as lexítimas demandas dos hostaleiros locais, así como dos cidadáns que residen na rúa Fernández Albor e no barrio de Fonte Quente, e tamén por moitos demandantes de emprego de A Guarda e súa contorna, xa que na súa execución traballaron persoas de Portugal e foron empregados materiais procedentes dese país; facilita o acceso peonal - e tamén de usuarios de bicicletas, como se queda constancia na fotografía de Infogauda que reproducimos - desde o porto de A Guarda ata as praias de Camposancos, ou viceversa.

Como quedou notoriamente demostrado, o equipo de goberno do concello de A Guarda, máis preocupado por acadar canto antes, o intre de contar-la cinta inaugural, que na defensa dos contribuíntes deste pobo, foi totalmente sumiso co goberno de Madrid, aceptando un proxecto imposto desde os despachos do ministerio, que non facilita a saída sur do porto de A Guarda, que reduce o número de prazas de aparcadoiro e que - entre otros "logros" - limita a accesibilidade de varios veciños as súas vivendas.
A "eficacia" desa obra xa conta no seu haber con uns lamentables precedentes, como puido comprobarse na pasada Semana Santa, feitos que "cobriron" de groria os autores do proxecto, o própio ministerio e por extensión o alcalde de A Guarda e o concelleiro de obras. Alcalde e concelleiro, que por certo, desoiron reiteradamente os veciños os cales trataron de "desviar" a Costas. Pero a cidadanía guardesa soubo respostar cívica e oportunamente, como quedou demostrado na manifestación que tivo lugar o sábado día 22 do pasado mes de maio, e probablemente saberá corresponder diante da insolencia dalgúns, chegado o intre oportuno.
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Toñito Uris dixo:
Con ese diñeiro se solucionarían muitos problemas graves e máis urxentes e necesarios que temos en esta Vila, é decir pra todos os veciños. E increíble que se gasten esos millons con tanta alegría en un proxecto mui pouco necesario en estos momentos pra nosa Vila que pra mín e unha CHAPUZA que este Equipo de Goberno deixou faer pese as promesas de paralización das obras. Dichosos os que lle creeron ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario