UNHA LECCIÓN DE CIVISMO COMO RESPOSTA AS ACTITUDES DE CINISMO

1ª.- Dobre sentido de circulación ata a subida dos Outeiros (depuradora), liberando de tráfico o centro da vila.
2ª. -Desfacer o atranco ao que nos someteu Costas provocando problemas de acceso e saída para vehículos pesados, autobuses e todo tipo de automóbiles.
3ª.- Recuperar as prazas de aparcamento perdidas, tan necesarias para vecinos, hostelería e visitantes.
4ª.-. Solución a ós accesos perdidos no entorno da senda: baixadas as pedras, leiras, etc….

Veciños e veciñas de A Guarda, o primeiro que queremos facer e dárvo-las gracias pola vosa presencia hoxe aquí, polo voso apoio, polas vosas voces, polo voso empeño de acabar coas barbaridades impostas dende fora; é evidente que sodes conscientes das circunstancias que provocan esta manifestación:
A negativa do Grupo de Goberno do Concello, co alcalde á fronte, de apoiar os veciños ante Costas.
Máis tarde foi cando se deron conta da atrocidade da eliminación do dobre sentido de circulación, coa ineficacia das súas xestións: éstas chegan moi tarde, esperemos que non demasiado tarde.
Máis tarde foi cando se deron conta da atrocidade da eliminación do dobre sentido de circulación, coa ineficacia das súas xestións: éstas chegan moi tarde, esperemos que non demasiado tarde.
Tarde están chegando as solucións as baixadas as rochas, e con oportunismo e moitas dúbidas o anuncio de solución o aparcamento.
Xa levamos tempo con estas demandas, pero tristemente levamos o mesmo tempo escoitando mentiras e excusas, como que xa estaban cedidos a inmensa maioría dos terreos para o dobre carril, dándonos largas, o tempo que nos deixan ver como unhas obras apenas escomenzadas son hoxe curiosamente unhas obras case rematadas, case tres meses antes da data prevista.

¿Onde está o saber escoitar do goberno?
¿Onde está o seu talante?
¿Onde está o interese de facer pobo?
¿Onde están os dereitos dos veciños?¿Os intereses do pobo?
¿Onde está o interese polo Turismo?
¿ONDE ESTÁ? ¿ONDE ESTÁ?
Se os nosos gobernantes locais e estatais non son quen de arranxar esta atrocidade, nós, o pobo da Guarda, teremos que tragar unha vez máis con outra gran chapuza, pero que non se diga que non loitamos, que somos ovellas, e que estaremos preparados para a seguinte falcatruada.
Isto é unha demanda seria, xa non queda só nun comentario de taberna, nin no pesimismo de pensar que as cousas xa non teñen arranxo. Nas mans de Costas e do Alcalde está arranxar isto, pero tamén nas nosas, como estamos hoxe facendo con esta manifestación; e por iso volvemos dárvo-las gracias ¡¡GRACIAS!!
¡¡¡SENDA LITORAL SÍ , PERO NON ASÍ!!!
¡¡¡SENDA LITORAL SÍ, PERO NON ASÍ!!!
¡¡¡SENDA LITORAL SÍ , PERO NON ASÍ!!!

Deseguido José Luis Vicente Cadilla agradeceu a presenza de todos e tamén dos concelleiros dos grupos municipais do Partido Popular, Terra Galega / Iniciativa Veciñal e Bloque Nacionalista Galego.
Compre salientar que ó longo do percorrido non se rexistrou ningún tipo de incidente, e ainda que o sol quentaba ben, moitos dos participantes fixeron soar asubíos, e tamén foron coreadas varias consignas. Entre elas éstas:
SENDA SI, PERO NON ASÍ.
ONDE APARCO, O PORTO HAI QUE IR EN BARCO.
¿QUEN GOBERNA AQUÍ, O ALCALDE OU MADRID?
¡SOMOS UN POBO, O ALCALDE NON ESTÁ!
¿AS PERCEBEIRAS POR ONDE VAN BAIXAR?
¡QUERO PASEAR, TAMÉN TRABALLAR!
Varios participantes na manifestación tamén portaron cartelas con fotografías tomadas na Avenida Fernández Albor, na pasada Semana Santa, onde quedaron ben patente ás deficiencias da Senda nese tramo (Avda. Fernández – Os Outeiros) como a supresión de prazas de aparcadoiro, estreitamento da zoa de rodadura de automóveis, estrangulamento da que debería ser a saída Sur do porto guardés, etc.; con textos como os seguintes:
CON ESTE ALCALDE NO HAY SALIDA
DONDE ESTÁ EL CONCEJAL DE TRÁFICO. SOLUCIÓN YÁ.
DOBLE SENTIDO XÁ.
A GUARDA: AQUÍ NO HAY QUIEN VIVA, TRABAJE, DESCANSE, GOBIERNE.
LA CRISIS HOSTELERA A COSTAS SE LA PELA.
ALCALDE MIRA POR EL SECTOR HOSTELERO.
ALCALDE, SOLUCIÓN XÁ.
A participación nesta manifestación foi a suficiente para deixar ben craro que a cidadanía non se sinte representada por un goberno municipal incompetente, que está máis pendente de corta-la cinta inaugural da obra que da eficacia e utilidade da mesma, e sobor de todo que fai ouvidos xordos ás peticións veciñais. Por iso, tendo en conta o carácter pacífico da cidadanía guardesa, a movilización veciñal foi unha demostración de que os tempos de comulgar con rodas de muiño – léase recramos e promesas electorais, e decraracións de intencións, como transparenza, gobernar para todos/as, etc. etc. -, son somentes, como decía a cantiga italiana: Parole, parole,...

Este sábado a cidadanía guardesa demostrou seu civismo fronte as actitudes de cinismo do indigno Grupo de Goberno de A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario