O BNG celebra a XII Festa Nacionalista do Baixo Miño este sábado día 10 na Alameda de Goián
No acto intervirá o Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez

BNG / Baixo Miño
O próximo sábado día 10 de Xullo o BNG celebrará na Alameda de Goián a XII edición da Festa Nacionalista do Baixo Miño. No acto, que se iniciará ás 20 horas, participará o Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez; o Responsábel Comarcal, Xosé Manuel Méndez e a Alcaldesa de Tomiño Sandra González .
Como xa ven sendo habitual, na festa haberá postos de comida e bebida e contará coa actuación do grupo de música tradicional “Tanto nos Ten”.
Esta festa enmárcase dentro dos actos previos que o BNG organiza por todo o país con motivo do Día da Patria Galega que terá como acto central a manifestación do 25 de Xullo en Compostela.

Ningún comentario:
Publicar un comentario