7 de xul. de 2010

GOIÁN

TU MENÚ GOIÁN, S. L.: PARA COMER MÁIS DOADAMENTE


Tu Menú Goián, S. L. / Goián

Tu Menú Goián s.l. é unha xoven empresa de comidas preparadas do concello de Tomiño que ata o de agora adicábase á venda de pratos cociñados na tenda situada nas súas propias instalacións e que está a diversificar a súa proposta de servizos cara a ofertar servizos de catering de todas clases e tamaños, tanto en actos puntuais de carácter lúdico, familiar ou empresarial como ao servizo diario de alimentación a comedores escolares e outras colectividades en toda a provincia de Pontevedra.

Poden contar connosco para infinidade de servizos na celebración de congresos, inauguracións, actos deportivos, culturais e comerciais, así como festas de empresa, bodas e celebracións particulares de todo tipo.


Tu Menú Goián ten como sinal de identidade unha cociña tradicional, caracterizada pola súa exquisita preparación e ampla variedade, onde a coidada presentación é un anticipo do sabor e da calidade dos nosos pratos, sin descoidar ningún detalle e adaptándonos ás necesidades e gustos de cada cliente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario