26 de xuño de 2010

SANTIAGO DE COMPOSTELA

A AGRUPACIÓN CORAL POLIFÓNICA DE A GUARDA ORGAÍZA "OS SONS DO CAMIÑO"


- O evento, no que participan cinco corais vencelladas o Camiño Portugués pola Costa ou Monacal, terá lugar hoxe en Santiago de Compostela

Infogauda / Santiago de Compostela
Como culminación da peregriñaxe dunha importante representación de veciños de A Guarda e do Rosal, polo Camiño Portugués da Costa ou Monacal, a Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, orgaizou “Os Sons do Camiño”. Con ese motivo, na tarde deste sábado día 26 de xuño, o programa en Santiago de Compostela, é o seguinte:
As 17:00 h. Encontro das corais na Praza do Obradoiro onde se farán entrega dos báculos conmemorativos a cada coral participante no proxecto “Os Sons do Camiño”: Orfeão de Vila Praia de Âncora; Agrupación Coral Polifónica de A Guarda; Coral da Agrupación Musical do Rosal; Coral Polifónica Vagalume, de Oia e Agrupación Coral Atlántida, de Matamá (Vigo).
As 17:30 h. Entrada á catedral pola Porta de Platerías, situándose na marxe dereita do Altar Maior.
As 18:00 h. Misa do Peregriño. O conxunto dos compoñentes das cinco corais formarán un único orfeón de mais de 200 persoas e cantarán, dirixidos por Dª Marisilda Sánchez Lomba a misa que celebra ó remate da peregrinación do Camiño Portugués da Costa, co seguinte repertorio:· Entrada: Canticorum Jubilo (F. Handel)· Primeira Lectura: Aleluia· Ofertorio: Amenizado polo organista da Catedral de Santiago· Comuñón: Pescador de Hombres (C. Gabaráin) e Cerca de Ti (L. Masón)· Durante o voo do Botafumeiro o orfeón entonará o Himno ó Apostolo (J. Barcia Caballero, M. Soler Palmer) acompañado polo órgano.· Ó final da misa, cantarase a Salve Mariñeira (C. Oudrid / C. Monllor) na honra dos pobos mariñeiros da costa.
As 19:00 h., o orfeón composto polas cinco corais ofrecerá un Concerto na Praza da Quintana, dirixido polos directores das corais convidadas, interpretando pezas populares galegas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario