APOIO DA DEPUTACIÓN AOS NADADORES OURENSÁNS
Infogauda / Ourense
O presidente da Deputación provincial de Ourense, José Luis Baltar, recibiu aos nadadores do Centro de Tecnificación do Pavillón de Ourense, para agradecerlles e felicitalos polo traballo que están levando a cabo, conseguindo grandes marcas nos campionatos de natación nos que participan tanto no ámbito nacional como internacional.
Baltar dixo que apostar polo deporte “é unha obriga e unha satisfacción, polo que supón de apoio á xuventude e de alicerce para os clubes que traballan na provincia de Ourense polos nosos deportistas”.
Baltar dixo que apostar polo deporte “é unha obriga e unha satisfacción, polo que supón de apoio á xuventude e de alicerce para os clubes que traballan na provincia de Ourense polos nosos deportistas”.
No acto estiveron presentes, ademais do titular da institución provincial, o entrenador e técnico do Centro de Tecnificación, Santiago Escudero; a directiva do Pavillón Ourense, María José Pérez, e os nadadores Iria Álvarez, Laura Pimentel, Sandra Presas, Alberto Taboada, José Manuel González e Isabel Raña, todos con importantes marcas acadadas nos campionato que teñen participado recentemente.
En concreto, a nadadora Iria Álvarez ven de participar coa Selección Española na XXIV edición da Copa Latina, celebrada en Arxentina, acadando o 2º posto en 4x100 estilos, o 3º posto en 4x200 libres, o 4º posto en 200 metros bolboreta, e o 5º posto en 50 metros bolboreta.
Pola súa banda, Laura Pimentel acaba de regresar dun stage de preparación co Equipo Nacional de Augas Abertas en Sierra Nevada, preparatorio do Campionato de España que se vai celebrar en Casteldefels o 20 de xuño, na cal podería acadar a clasificación para acudir ao Campionato de Europa, que se celebrará en Holanda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario