PATACAS DO VAL DO ROSAL: UNHA COLLEITA ABONDOSA
Infogauda / O RosalFai uns 50 anos, cando se falaba de patacas de semente, o que máis e o que menos, referíase ás de Palencia e mesmo as da bisbarra ourensá da Limia. Desde un tempo para acó, moitas persoas saben perfectamente que non fai falla sair de Galicia para dispor de patacas de castes seleccionadas. E mesmo non é preciso irse a devandita bisbarra ourensá para colleitar boas patacas. Porque no Val do Rosal, hai productores que partindo dunha boa semente e abono natural, e co correspondente traballo dos labregos, veñen demostrando que a terra rosaleira non pode ser máis xenerosa. Vexan senón, o exemplar - ún entre moitos - que a petición deste xornal dixital nos amosa Lucía Vicente Fernández, de Cumieira de Arriba (O Rosal). Esa pataca, como outras moitas que colleitou Lucía no seu lugar, pesa preto de un quilo. Esa é, unha boa proba de que ainda que o traballo do agro non sempre é debidamente valorado, a Natureza sabe estar coa xente que a respecta.
Se traballásemos tódalas leiras que están de monte, moita xente non tiña necesidade das esmolas do goberno que temos que aturar, que así como concede - de xeito interesado - certas axudas, retíra-as cando Merkel, Sarcozy ou o FMI, lles peta.
Desde Infogauda reivindicamos para O Rosal a denominación de orixe protexida da pataca rosaleira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario