O ROSAL ACOLLEU A 4ª COMPETICIÓN DA COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLALOM
Reportaxe fotográfica: Rosa Fernández
Este domingo, día 20 de xuño, celebrouse no Rosal a 4ª competición da Copa Galega de Promoción de Slalom. Nestas competicións de promoción participan os membros máis pequenos de cada clube, nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos.
A organización, nesta ocasión correu a cargo do Club Deportivo Miño-Teixugos e contou coa participación de clubs de toda Galicia. Como xa é habitual neste deporte o encontro tivo lugar nun ambiente festeiro e de gran deportividade.
As medallas quedaron repartidas entre todos os clubes, os Teixugos remataron con dúas de ouro, tres de prata e dúas de bronce.
Na clasificación xeral o Club Deportivo Miño - Teixugos quedou en primeiro lugar, seguido do Piragüismo Dumbría e en terceiro lugar os Quixós, de Monforte de Lemos. A entrega de trofeos e medallas correu a cargo do alcalde do Rosal, o Secretario Xeral para o Deporte, e os Vicepresidentes 1º e 2º da Federación Galega de Piragüismo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario