29 de xuño de 2010

A GUARDA

O SAN XEROME, PRESENTA EN FADEMGA (Santiago de Compostela) O DOCUMENTAL “SEXO SENTIDO”


A imaxe corresponde a un momento da grabación do documental
José Carlos González Blanco / A Guarda
Mañán mércores 30 de xuño un grupo de xóvenes do Centro San Xerome Emiliani vai desplazarse a Santiago as instalacións de FADEMGA para presentar ó grupo de autoxestores de Galicia o documental o “Sexo sentido”. Este documental é o resultado do traballo de educación sexual levado a cabo durante todo o ano por o grupo denominado “SeXualeX YgualeX” dentro do programa Juventud en Acción da Unión Europea.
No pasado mes de febreiro o grupo acudiu ás xornadas de “Mobilidade Xuvenil Europea” organizadas pola Secretaría Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia para presentar xunto con outros xóvenes galegos este mesmo programa que tivo moi boa resposta por parte dos asistentes ó encontro.
No documental o grupo fai un resumo do traballo levado a cabo nestas accións formativas de educación sexual, no que se fixo fincapé na necesidade de desenrrolar de forma positiva a súa sexualidade, dende a identidade sexual, unha positiva regulación das emocións e unha boa, saudable e axeitada erótica. No documental tamén interveñen unha profesional do centro dando a súa visión sobre o desenrrolo sexual das persoas con discapacidade intelectual, unha persoa representando a posición dos familiares ante a sexualidade dos seus fillos e a profesional en educación sexual que estivo ó frente das accións formativas.
A fotografía corresponde a participación dos nosos xóvenes nas xornadas de Mobilidade Xuvenil Europea en Santiago de Compostela
A iniciativa de realizar este proxecto de educación sexual xurdiu do propio grupo de rapazas e rapaces con discapacidade intelectual. Estes solicitaron a subvención á Unión Europea e dentro do programa “La juventud en acción” aprobouse o proxecto. O Centro lles facilitou as instalacións, os deprazamentos e o contacto coa profesional especialista en educación sexual.
Algunhas conclusións da actividade que tamén se reflexan no documental foron as seguintes:
O primeiro paso para que a persoa con discapacidade intelectual estea ben no ámbito afectivo sexual é que tanto os seus familiares como os profesionais que traballan con elas se permitan mirar para os aspectos relacionados coa sexualidade, e recoñecer este ámbito da persoa como algo positivo dentro do seu desenrolo vital.
A sexualidade das persoas con discapacidade é unha cuestión moi difícil de asumir para moitas persoas. Imos contemplar por un momento á persoa como unha vivenda, como tal estamos distribuídos en diferentes espazos (habitacións) aspectos sociais, deporte, ocio, educación, familia, emprego. A habitación da sexualidade é un espazo cheo de medos e incertezas que moitos prefiren deixar pechado. Pero si de verdade pretendemos apoiar á persoa no seu benestar e no seu desenrolo positivo hai que entrar nesa habitación e orientar no seu coñecemento, na súa distribución, e que poda habitar a súa sexualidade, vivir e desenrolarse en este espazo ó igual que está habitando o resto da súa vivenda. Non perdemos en ningún momento a referencia que a sexualidade habitada pola persoa con discapacidade ten que ser un espazo adaptado ás súas capacidades, é neste proceso de adaptación da sexualidade á capacidade de comprensión da persoa no que fixemos fincapé durante o densenrolo deste proxecto na elaboración dunha sexualidade a medida de cada un de nós, de cada un dos rapaces participantes na actividade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario