FESTAS NA HONRA DE SAN ANTONIO
Infogauda / A Guarda
O calendario de festas continuará esta fin de semana no barrio de A Marina. Nesta ocasión os festexos serán na honra de San Antonio.
O programa comeza este sábado día 12 de xuño, coa actuación polas rúas da vila guardesa, do Grupo de Gaitas do Club da 3ª Edade de A Guarda. Asemade, o mediodía haberá unha grande tirada de fogos.
Pola noitiña dará comezo a verbena coas orquestras Principal de Trova.
O domingo, desde ás 10.30 h., percorrido da Banda de Música As Delicias, de Caeiro, para a continuación dirixirse coa bandeira e o estandarte ata á igrexa parroquial, onde acompañará a procesión logo de rematar a celebración eucarística.
A misa solemne escomenzará ás 11.30, e será cantada polo Coro Parroquial, dirixido por Felicidad Martínez Vicente.
Na tarde do domingo, actuación da Banda de Música As Delicias, de Caeiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario