27 de xuño de 2010

DUMBRÍA

SLALOM: OS TEIXUGOS CUARTOS POR EQUIPOS NA 1ª COPA DE ESPAÑA JÓVENES PROMESAS SLALOM

Rosa Fernández / Dumbría
Este sábado celebrouse no encoro de Fervenza en Dumbría, A Coruña, a "1ª Copa de España de Jóvenes Promesas de Slalom" coa participación de equipos de toda España.
O Club Deportivo Miño Teixugos rematou a xornada cunha medalla de ouro e outra de bronce en C1 feminino para Andrea González e Laura Alonso, e outra de bronce en K1 feminino tamén para Andrea González.
Na clasificación final por equipos resultou gañador o "Atlético San Sebastián" seguido polo "Santiagotarrak" ámbolos dous do País Vasco. En terceiro lugar clasificouse o "Capitan Nemo" de Salamanca e na cuarta posición os Teixugos.
A seguinte competición deste campionato de "Jóvenes Promesas" terá lugar na localidade catalá de Sort, a finais do mes de xullo.
Nese mesmo día pola tarde celebrouse a V Copa Galega de Promoción de Slalom na que o equipo baixomiñoto se alzou con dúas medallas de ouro, dúas de prata e tres de bronce.
No podio de equipos o Club Deportivo Miño acadou a primeira posición, seguido dos anfitrións do Piragüismo Dumbría e terceiro quedou o club tudense do Piragüismo Penedo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario