ENTREGADOS OS PREMIOS DO CONCURSO ESCOLAR "XXV ANIVERSARIO DE ANABAM"
A Escola de Educación Infantil da Gándara, gañou o premio desta modalidade polo traballo presentado, baseado, tal e como explicaron os nenos, en detalles de Miró. Na fotografía cinco dos nenos da citada escola xunto a súa profe preparados para recoller o premio.
ANABAM / Baixo Miño
O sábado 12 de xuño, tivo lugar a entrega de premios do Concurso Escolar organizado por ANABAM con motivo do XXV aniversario desta asociación. Nun acto desenvolvido no local da mesma, onde estaban expostos os traballos gañadores, procedeuse á entrega de premios e agasallos. O acto deu comezo ás cinco da tarde xa pasadas. Alí estaban os premiados, familiares e algúns profes. Ao remate do acto, aos nenos e nenas presentes se lles obsequiou con agasallos e os adultos tamén tiveron o seu correspondente agasallo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario