24 de xuño de 2010

BAIXO MIÑO

AUTOVIA TUI-A GUARDA
TRAMO GOIÁN-A GUARDA


O presidente de ANABAM, non dubida en afirmar que "a ferida causada á terra, á paisaxe, é impresionante"


Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM) / Baixo Miño
Queríamos coñecer de primeira man como se desenvolven as obras da maior vía de acceso que vai ter o Baixo Miño. Decidimos efectuar a saída habitual dos sábados, concretamente a do sábado día 19 deste mes de xuño, a visitar o tramo que vai por Tabagón, O Rosal. O impacto producido sobre o terreo é bestial, pero evidentemente, isto non importa. O que máis ou o que menos, lle interesa que haxa unha vía cómoda, rápida e segura que una o Baixo Miño con Vigo e mesmo con Portugal. Así que, o impacto sobre a paisaxe, e conseguintemente sobre a flora e fauna, é o de menos.

O tramo que visitamos está en Tabagón, xustamente bordeando os viñedos, pola zona oeste, nas proximidades do Niño do Corvo. Nalgúns casos, pareceunos que a anchura da terra afectada debería andar polos 100 metros.

A ferida causada á terra, á paisaxe, é impresionante.
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA:
Anónimo dixo:
O Baixo Miño descuartizado! para orgullo do "progreso". A min aínda me quedará un bo recordo, non sei ás futuras xeracións. Iso si, Vigo estará máis perto, que alegría...
Anónimo dixo:
Pienso lo mismo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario