24 de maio de 2010

OURENSE

EN PLAZO PARA PRESENTAR TRABALLOS AO CERTAME DE ARTES PLÁSTICAS DA DEPUTACIÓN

Infogauda / Ourense
Ate o día 31 de maio está aberto o prazo para presentar traballos ao Certame de Artes Plásticas que anualmente convoca a Deputación provincial de Ourense para creadores menores de trinta anos e que ten unha dotación económica de 14.000 euros.
Esta iniciativa foi u nha das primeiras que puxo en marcha a Deputación coa apertura do seu Centro Cultural, para “cubrir un valeiro que existía na nosa cidade e recuperar parte da historia da Deputación como promotora de novos valores”, tal como sinalou o director do centro, Francisco González.Pintura, fotografía, escultura, instalacións, arte dixital, gravado…calqueira expresión artística pode empregarse nos traballos que serán xuzgados a primeiros de xuño por un xurado exclusivamente profesional e integrado por directores de museos, críticos de arte, comisarios de exposicións, artistas e representantes de Facultades de Belas Artes.O ganador recibirá un premio de 6.000 euros, por 4.000 para o segundo e 2.000 para o terceiro, ademais de dous accésits de 1.000 euros. Esta dotación económica ampliarase cunha exposición e un catálogo no que estarán ademais os traballos seleccionados polo xurado “e que para os artistas novos é tan importante coma o premio en metálico”.Francisco González sinalou que a Deputación recibe traballos de todo España, de varios paises hispanos como México ou Arxentina, de Portugal e de paises do Leste. A cada edición preséntanse ao redor duns 200 traballos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario