OURENSE ACOLLE A ESPECIALISTAS EN XESTIÓN HOSPITALARIA
Infogauda / Ourense
O Centro Cultural da Deputación acolle dende este mércores a preto de 200 especialistas na xestión de diferentes servicios hospitalarios españoles, nas que son as VIII Xornadas de Innovación en Servicios Xerais Hospitalarios.
Estas xornadas están organizadas polo equipo directivo do Complexo Hospitalario de Ourense, presidindo Eloina Núñez o Comité Organizador. Ao longo de varios días, os diferentes expertos abordarán innovacións e melloras en aspectos da xestión de servicios como limpeza hospitalaria, restauración, xestión de residuos, lavandeiría, transporte, xestión de compras, almacéns, xestión de persoal, información ou comunicación, entre outros.Mañá, xoves, día 13 de maio, ás 10:00 terá lugar o acto oficial de inauguración. Esta tarde empezaron os talleres.
Ningún comentario:
Publicar un comentario