7 de maio de 2010

A GUARDA

ÁBACO PRESENTOU A I3ª RUTA DO PINCHO A GUARDA 2010


Infogauda / A Guarda

Vén de celebrarse no Hotel Bruselas, de A Guarda, o acto de presentación da III RUTA DO PINCHO organizada pola Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘ábaco’ na que estiveron presentes, presidente e directivos de ábaco, representantes do Concello de A Guarda, grupos políticos, representantes doutras asociacións da comarca, así como representantes dos establecementos participantes nesta ruta.

Na presentación, iniciada polo presidente de ábaco, Ángel Luis Baz Vicente, interviron o alcalde do Concello de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas; a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, e o director da sucursal de Caixanova, de A Guarda, Juan Jesús González.

Despois dunha pequena intervención por parte dos arriba mencionados, Ángel Baz, presidente de ábaco convidou a todos os asistentes a degustar os diversos pinchos dos 24 establecementos que participarán nesta 3ª Ruta do Pincho, que terá comezo o vindeiro 13 de maio e estará activa ata o 13 de xuño, en horario de 11.00 a 13.30 do mediodía e de 19.00 á 22.00 h..


O funcionamento da ruta é prácticamente o mesmo que nas edicións anteriores, nos 24 establecementos os clientes terán a disposición os pasaportes para ir completando e selando nos establecementos adheridos a esta campaña, que son os seguintes: BERGANTÍN, O CATRE, XANTAR, LOLIPOP, ART CAFÉ, TRASTÉVERE, SINVENTO, CHUPA OVOS, O RIBEL, THE CELTIC HARP, O MARIÑEIRO, ARRUAZ, XEITO, LA GRANJA, AS DE COPAS, AVENIDA, Y LA LUNA?, O RECUNCHO, A PARRA, O PASAXE, FORTE, CASA DO OUTEIRO, JUAN, LA REVANCHA.


Os clientes que depositen nas urnas pasaportes completos entrarán no sorteo dunha fin de semana no Talaso Atlántico, sorteo de vales de consumición coa posibilidade de elexir o establecemento onde se queren consumir os mesmos (só establecementos participantes nesta ruta), un premio seguro de un kit de cervexa Amstel e sorteo de 6 vales de consumición de 40 € cada un entregando 24 chapas de Amstel ademáis do pasaporte completo.

Os clientes que depositen pasaportes selados coa metade +1 entrarán no sorteo de vales de consumición.

Ruteiros, unha vez completo o pasaporte non vos olvidedes de puntuar cada local entre 1 e 5 puntos.





Ningún comentario:

Publicar un comentario