O seu obxectivo é fomentar un estilo de vida saudable a través do deporte, colaborar na loita contra o cancro de mama e difundir os valores do Camiño de Santiago: solidariedade, deporte e vida activa e saudable.
Todos vós sodes capitáns, do cineasta galego Oliver Laxe, galardoada co premio da Federación Internacional da Crítica de cine dentro da sección da Quincena de realizadores do festival de Cannes
· Oliver Laxe e Anxo Quintanilla, xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia, o pasado mércores na presentación da longametraxe en CannesEsta longametraxe foi a única española na sección da “Quincena de Realizadores”, o que supón que, por primeira vez, unha produción galega resultou seleccionada nesta categoría, na que só foron elixidos 24 de máis de 2.000 traballos.
A cinta contou co apoio da Xunta de Galicia, por unha parte, na súa produción a través da Axencia Galega de Industriais Culturais, e, por outra, na súa presenza en Cannes, a través do Consorcio Audiovisual de Galicia Rodada en 35 mm e en branco e negro, narra a historia dun director de cine europeo que realiza unha película cos nenos dun centro social de Tanger.

Ningún comentario:
Publicar un comentario