O CENTRO CULTURAL INAUGURA A EXPOSICIÓN QUE CONMEMORA OS 60 ANOS DO GRUPO “DAU AL SET”

Infogauda / Ourense
A mostra recolle unha retrospectiva dun grupo de intelectuais e artistas da Barcelona dos anos 40, entre os que se atopan Cuixart, Brossa e Tàpies, entre outros.
O Centro Cultural da Deputación de Ourense inaugura hoxe a exposición que conmemora os 60 ano s do grupo “Dau al set”, un movemento artístico heteroxéneo formado por artistas e intelectuais nacido nos anos 40, da man de persoeiros como Tàpies, Brossa, Cuixart, Joan Pons, Arnau Puig, Cirlot e Tharrats, entre outros.A mostra chega a Ourense da man de Ibercaja, entidade que ten colaborado moi estreitamente co Centro Cultural nas exposición que ten presentado neste recinto cultural, como coincidiron en afirmar Francisco González, director do Centro Cultural, e Javier Sánchez, director de Ibercaja en Ourense, hoxe no acto de presentación da mostra, que estará aberta ao público ata o 16 de maio. A comisaria da exposición, Concha Gómez, explicou que se trata da primeira vez que obras de Tàpies e dos demais membros de “Dau al set” saen de Barcelona para seren exhibidas. “Trátase dunha retrospectiva deste grupo de diferentes artistas e intelectuais que fai 60 anos contribuíu a ensanchar o panorama artístico e recuperar a tradición da vangarda no arte español que se vira interrompida en 1939”, dixo Concha Gómez.Nos meses de setembro e outubro de 1948 publicouse o primeiro número da revista que deu nome ao grupo: “Dau al set”. Adscrito ao movemento dadaísta, o grupo navegou polo hiperrealismo, o surrealismo e o existencialismo, ata converxer nun estilo propio, autoexcluído do ambiente de tebra cultural da primeira etapa do franquismo, e á vez, con pretensións de dinamizar a sociedade catalá.A exposición estrutúrase en torno a unha parte artística composta duns corenta cadros e debuxos firmados por Tàpies, Cuixart, Tharrats e Ponç. A segunda parte consiste nunha exhibición de pregos soltos e orixinais de diversos números de “Dau al set”, que os seus compoñentes utilizaban como campo de ensaio, plataforma de promoción e espazo de creatividade para reivindicar a súa linguaxe durante a primeira etapa do franquismo. O grupo acabou disolvéndose en 1954. A pesares desta curta existencia é considerado o primeiro referente da cultura resistencial da posguerra española.Con motivo do 60 aniversario da aparición do primeiro número da revista, Ibercaja e a Fundación Fran Daurel queren reivindicar a necesaria achega deste grupo á cultura contemporánea do noso país. Esta exposición serve, polo tanto, como homenaxe a todos eles e aos fotógrafos, galeristas, editores, críticos ou acompañantes que fixeron posible este vento fresco para o mundo do arte.

Ningún comentario:
Publicar un comentario