7 de abr. de 2010

OURENSE

A DEPUTACIÓN COLABORA NA HOMENAXE AO TUCHO E AO VOLTER



A deputación provincial de Ourense colabora no acto de homenaxe ao Volter e á taberna do Tucho que promove a Fundación Carlos Casares e que terá lugar o venres, día 9 de abril, en diferentes lugares da cidade.

Infogauda / Ourense
O programa principiará ás 18:00 horas cun roteiro que partirá do mural de Failde (rúa dos Remedios) e no que participarán membros da familia do escultor, animados pola Escola Municipal de Teatro.Ás 19:00 horas haberá unha lectura de poemas dende o balcón da casa de María Andrea, na Praza do Eirociño dos Cabaleiros.
De seguido, ás 20:00 horas, o Liceo acollerá unha “tertulia de irmandade”, na que participarán persoeiros como Augusto Valencia, Arturo Baltar, Acisclo Manzano, Manuel Buciños, Xosé Luis de Dios, Luis González Tosar, Bieito Iglesias e Afonso Vázquez-Monxardín, entre outros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario