15 de abr. de 2010

GALICIA

Feijóo presenta o Plan HURBE como un programa de “calidade de vida” que procurará vilas accesibles e habitables para que os cidadáns “vivan o seu concello”
· O presidente da Xunta deu conta en rolda de prensa dos asuntos tratados na reunión de Consello
Autor: Xoán Crespo
Infogauda / Galicia
Destaca o plan, que investirá 100 millóns de euros en 53 actuacións en máis de 40 concellos, fomentará a recuperación dos espazos de encontro para mellorar a opción de lecer dos cidadáns e contribuír ao reequilibrio territorial.
Detalla que o Plan HURBE actuará “sen abandonar as zonas urbanas pero focalizando múltiples actuacións nos concellos pequenos”, puntualiza.
No marco desta iniciativa, Investiranse 34 millóns de euros para o programa de equipamentos públicos, 27,5 millóns de euros para a humanización de rúas, e 34 millóns de euros en programas de urbanización e mellora de espazos públicos.
Subliña a aprobación polo Consello do decreto que desbloquea a rede gasística galega e permitirá o acceso a esta enerxía alternativa a 30 localidades galegas nas que ata agora non se podía.
Destaca a posta en marcha do Clúster da Auga de Galicia, que agrupa a máis de 60 empresas, cunha facturación de 120 millóns de euros e que dan emprego a máis de 2.000 persoas.

Referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe, xoves 15 de abril de 2010
· Xuntanza desta mañá do Consello da Xunta
Autor: Xoán Crespo
Para consultar a referencia do Consello da Xunta que se celebrou esta mañá en San Caetano, prema na seguinte ligazón.

Satisfacción na delegación territorial de Pontevedra ante a decisión do Congreso de prohibir o etiquetado do viño de mesa como Albariño
O Comité das Rexións aproba un ditame que recolle a proposta galega de que a UE siga asignando axudas rexionais tras 2013
· Jesús Gamallo co presidente en funcións do CdR, Ramón Luis Valcárcel
Coa aprobación deste ditame, o CdR convertese no primeiro órgano europeo en formular unha postura oficial a favor de que a UE siga asignando unha parte do seu orzamento a este obxectivo.
Jesús Gamallo participou en Bruxelas no 84º Pleno do Comité das Rexións, onde, ademais deste, se aprobaron varios ditames de gran importancia para Galicia.
A variación interanual do IPC sitúase no mes de marzo en Galicia no 1,5%
No último ano os grupos cun comportamento menos inflacionista foron ‘Alimentos e bebidas non alcohólicas’ e ‘Ocio e Cultura’.
No referente á variación intermensual, a provincia galega que mostra unha menor subida dos prezos foi Lugo, onde se incrementaron un 0,7% .

Ningún comentario:

Publicar un comentario