6 de abr. de 2010

GALICIA

Feijóo congratúlase de que Caixanova valide por unanimidade o feito de iniciar os contactos para posibilitar unha fusión das dúas grandes caixas de aforro galegas e di que “estamos no sendeiro da esperanza e da ambición colectiva”
· O presidente da Xunta participou no Coloquio organizado pola Asociación Galega da Empresa Familar
Autor: Xoán Crespo
Asegura que “o Executivo galego traballará, impulsará e facilitará todos os proxectos que coincidan na suma dos aforros galegos para presentar a toda España que Galicia está á altura das circunstancias como país, como pobo, como sentimento e tamén, desde o punto de vista da solvencia para facer unha gran caixa de aforros”
Subliña que a pauta do Goberno galego é a de potenciar aqueles sectores básicos e estratéxicos para a Comunidade e, por tanto, aqueles sectores que, indirectamente, poden crear inercias no resto do sistema produtivo
Destaca que a aposta polas políticas socias quedaron claras no orzamento autonómico, onde o peso do gasto social subiu nuns orzamentos da Xunta que baixaron; “non é fácil manter as políticas sociais con caídas de ingresos do 12%”
Avoga por situar as políticas sociais ao servizo da creación de emprego
Lembra que a Goberno galego cumpriu o seu primeiro requisito: ser un goberno austero.configuramos unha estrutura administrativa máis lixeira. Gastamos o mínimo posible no propio goberno e o máximo posible nos cidadáns”
Di que o Plan Estratéxico 2010-2014 é “o proxecto económico do Goberno ordenado en termos de crecemento e emprego, de economía do coñecemento, de cohesión social e benestar e en termos de sostenibilidade ambiental e equilibrio territorial”
Un 68% de ocupación media en Galicia, case o dobre de peregrinos que en 2009 e picos de case o 100% en determinados puntos é o balance turístico desta Semana Santa
Segundo datos da Confederación de Empresarios de Hostelería de Galicia e mais do Instituto de Estudos Turísticos de Galicia da Secretaría Xeral para o Turismo, as cifras de ocupación durante a Semana Santa en Galicia cífranse nun 68%
A media de ocupación hoteleira máis alta rexistrouse na provincia da Coruña cun 74,25%. Tamén na Coruña os hoteis de cinco estrelas rexistraron unha ocupación media do 83%
A cifra de peregrinos que recolleron a compostela durante a Semana Santa ascende a 8.452, un 95,8% máis que na Semana Santa de 2009 e un 14,8% máis que nas mesmas datas do último Xacobeo
Feijóo trasládalle á ministra de Cultura “a vontade e o potencial que ten a cultura galega a abrirse ao resto de España e internacionalmente”

· A ministra de Cultura co presidente da Xunta
Autor: Xoán Crespo
O presidente da Xunta destaca a importancia de que o Ministerio de Cultura se implique no Xacobeo, “un proxecto de todos”, e afirma que calquera acto que o Ministerio queira celebrar durante o Ano Santo en Santiago e en Galicia será ben recibido
Agradece a colaboración do Goberno central na rehabilitación dunha das pezas escultóricas máis importantes do mundo como é o Pórtico da Gloria
Lembra que Galicia sufriu varias decepcións por parte do Goberno central á hora de participar e apoiar o Xacobeo 2010, entre as que destaca a non celebración dun Sorteo Especial da Lotería Nacional a beneficio do Xacobeo
Tres anos despois de que Zapatero se comprometese a que a Cidade da Cultura fose considerada un Proxecto de Estado, Feijóo urxe a concreción formal do compromiso, tanto desde o punto de vista de contidos como financeiro a través dun acordo de colaboración entre ámbalas dúas administracións

Catro estudantes galegos reciben en Madrid os Premios Nacionais 2007-2008 de Bacharelato e Formación Profesional
Jose Manuel Pinal, xunto ao ministro e os estudantes galegos premiados
O director xeral de Centros e Recursos Humanos asistiu á entrega dos recoñecementos nun acto celebrado na Biblioteca Nacional, en Madrid
Resultaron galardoados dous estudantes das familias Marítimo- Pesqueira e Química de Formación Profesional, e dous de Bacharelato
Ler máis.

A Xunta de Galicia asina co Ministerio de Cultura, a Fundación Pedro Barrié de la Maza, o Arcebispado de Santiago e o Cabido da catedral o convenio para a restauración do Pórtico da Gloria
· Imaxe do acto de sinatura do convenio
Autor: Xoán Crespo

O acordo foi asinado esta mañá polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela; a ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde; o presidente da Fundación Pedro Barrié de la Maza, José María Arias; o arcebispo de Santiago, Julián Barrio; o deán da Catedral, José María Díaz
En virtude do convenio rubricado na Sala Capitular da Catedral de Santiago, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e a Subdirección Xeral do Instituto de Patrimonio Cultural de España asumirán conxuntamente a codirección técnica dos traballos a través dun equipo multidisciplinar
Ler máis.
Un estudo da Consellería de Economía e Industria conclúe que os buques pesqueiros poden chegar a aforrar anualmente máis de 73.000 litros de combustible e preto de 30.000 euros
Acto de presentación do estudo

O director do Instituto Enerxético de Galicia, Eliseo Diéguez, presentou hoxe en Celeiro os resultados extraídos das 98 auditorías realizadas, no marco do convenio de colaboración entre o Inega e o Centro Tecnolóxico da Pesca co fin de mellorar a eficiencia no sector
A materialización deste acordo supuxo un fito na realización de auditorías enerxéticas en barcos de pesca en Galicia e mesmo en España e Europa
A porcentaxe de aforro acadable que se pode obter mediante a aplicación das medidas de optimización enerxética propostas varía en función da tipoloxía dos buques pesqueiros, sendo os barcos de pesca artesanal os que máis poden reducir os seus custos, ata un 48%Para dar a coñecer as medidas de optimización enerxética que se propoñen con este estudo e, sobre todo, para fomentar a súa aplicación práctica entre o sector organizaranse diversas xornadas divulgativas en diversos portos galegos e faráselle a presentación personalizada dos resultados a cada un dos patróns das 98 embarcacións auditadas
Ler máis

Xacobeo 2010 e ONCE presentan a serie especial de cupóns conmemorativos do Ano Santo
· O conselleiro de Cultura e Turismo, na presentación dos cupóns da ONCE
Autora: Conchi Paz
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, destacou o impacto que terá a iniciativa na promoción do Xacobeo e dos valores comúns de “superación colectiva das dificultades, esforzo e traballo incansable”
A ONCE emite dende hoxe e ata o 25 de xullo unha serie de 65 cupóns nos que se fará un percorrido polas rutas xacobeas e Santiago de Compostela. O cupón do sábado 24 de xullo estará dedicado ao Xacobeo 2010 e o do 25 á festividade de Santiago Apóstolo e ao Día de Galicia
En total, difundiranse 325 millóns de cupóns que levarán por toda España esta homenaxe ao Ano Santo 2010
Ler máis.

Galicia rexistrou en marzo un total de 236.449 persoas desempregadas, un 0,97 por cento máis que no mes anterior
A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz López, explicou que o incremento con respecto a febreiro reduciuse á metade do que se rexistrou no mesmo período do ano anterior
A representante do departamento autonómico resaltou que o aumento en termos absolutos foi de 2.278 persoas
Díaz López sinalou que o paro diminuíu no sector da agricultura e a pesca
No primeiro trimestre do ano o incremento de desemprego diminuíu nun 63 por cento con respecto ao mesmo período do ano anterior
Ler máis.

O conselleiro de Cultura e Turismo inaugurou hoxe o congreso internacional ‘Luís Seoane. Galicia-Arxentina: unha dobre cidadanía’ que se celebrará en Santiago e A Coruña entre os días 6 e 9 de abril, organizado pola Fundación Luís Seoane e o Consello da Cultura Galega
O conselleiro Roberto Varela, na inauguración do congreso
Autor: Xoán Crespo
Roberto Varela reivindica o “compromiso político, o labor cultural e o traballo artístico” de Luís Seoane na inauguración do congreso internacional que conmemora o seu centenario
Roberto Varela recordou que “agora que se cumpren cen anos do nacemento do noso grande escritor e artista, as institucións que en Galicia traballamos pola nosa cultura temos a obriga, máis que nunca, de reivindicar a súa figura, o seu traballo e o seu compromiso”
Ler máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario