3 de abr. de 2010

CAMPOSANCOS


HORACIO GÓMEZ, EX-PRESIDENTE DO R. C. CELTA, DE VIGO, VISITOU A MARÍA ANTONIA SESTO VÁZQUEZ (MARUJA), NA RESIDENCIA DA TERCEIRA EDADE MONTE TECLA


Infogauda / Camposancos


No decurso da tarde do Venres Santo, o empresario Horacio Gómez, ex-presidente do Real Club Celta de Vigo, S. A. D., visitou a Residencia da Terceira Edad Monte Tecla, de Camposancos (A Guarda). Segundo puido saber Infogauda, o motivo principal da súa estadía nese Centro de Maiores, foi visitar á residente María Antonia Sesto Vázquez (Maruja), unha señora que os seus 96 anos de idade conserva unha total lucidez mental e moita vitalidade.
Como queira que Maruja é celtista a máis non poder, fai uns anos, sendo Horacio Gómez, presidente do R. C. Celta, recibiu a Insignia de Honor do clube, por levar - xa daquela - 50 anos como abonada do clube vigués.
O feito de que Maruja recibise a visita do ex-presidente responde, en primeiro lugar, o desexo expresado por esta apreciada dama - que estivo casada co empresario galeguista e igoalmente celtista até á médula, editor do xornal "Nuevo Heraldo", autor do libro "Fuxidos - Memorias de un republicano galego perseguido polo franquismo", Xoán Noia Xil -. e que desexaba voltar a saudar a Horario Gómez, e tamén, como non podía ser doutro xeito, a vontade de Horacio de corresponder o desexo de Maruja.
Compre salientar que o ex-presidente céltico non soio aceptou de bó grau achegarse até á Guarda para visitar a Maruja, senón que departeu ampliamente con ela, dándolle dese xeito, unha testemuña de agarimo e de humanidade, valores que indubidablemente posúe este coñecido empresario tomiñés que sabe tan bén ou mellor que ninguén, o duro que é escomenzar desde cero.

Ningún comentario:

Publicar un comentario