26 de mar. de 2010

VIGO

ÉXITO DA MANIFESTACIÓN CONTRA A PRIVATIZACIÓN DO NOVO HOSPITAL DE VIGO


A clase obreira de Vigo e sur da provincia de Pontevedra marca o camiño para a saída democrática da crise

José Antonio González Morais / Vigo
Dende ESQUERDA UNIDA valoramos como un grande éxito a manifestación de hoxe, para exixir a plena titularidade pública do hospital novo que se proxecta para Vigo e comarca. De nada serviron os esforzos desmobilizadores que o PP impulsou negando a realidade privatizadora.
Unha mobilización das grandes que se recordan en Vigo coloca ó PP contra as cordas e manda un aviso ó tripartito (PSOE, BNG e PP) de cómo poden ser tratadas a partires de agora as súas políticas privatizadoras.
A clase obreira, neste caso de Vigo e sur da provincia de Pontevedra, marca o camiño para a saída democrática da crise. Todo o contrario das receitas neoliberais que teñen no PP o mascarón de proa e que son seguidas de xeito tramposo polo PSOE e BNG.
Valoramos moi positivamente e felicitamos ó conxunto do persoal sanitario e ós sindicatos de clase, CCOO, CIG e UGT polo esforzo mobilizador e polo éxito da convocatoria.
Dende a organización comarcal de EU fíxose un grande esforzo económico e de militancia para distribuír moitos miles de octavillas apoiando esta manifestación convocada pola Plataforma pola Sanidade Pública e situando na lei 15/1997, do 25 de abril, aprobada polo goberno de Aznar e votada favorablemente polo PSOE, a orixe do problema privatizador que sufrimos.
Reiteramos a nosa denuncia do cinismo do PSOE e BNG, que privatizan todo e que poden nos concellos onde gobernan, que privatizaron múltiples servizos mentras gobernaron na Xunta e que apúntase ó carácter público deste novo hospital, agora que están na oposición.

COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA:

Anónimo dixo:

TONIO, sin tí, que sería de nos, eres a nova versión do CAPITÁN TRUENO, cada vez que haxa un problema, iremos en rojativas ata a túa casa na busca da solución e para que nos protexas. ¡¡SAN TONIÑO MORAIS BENDITO!! ROJAI A DEUS POR NÓS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario