2 de mar. de 2010

VIGO

MÁIS DE 11.000 PERSOAS SAIRON ÁS RÚAS DE VIGO PARA EXPRESAR SEU REXEITAMENTO O AUMENTO DE IDADE DE XUBILACIÓN

- As manifestacións foron convocadas polas centrais sindicais Comisións Obreiras e UXT coa adhesión de Esquerda Unida



Infogauda / Vigo


Unha semana despois das protestas que tiveron lugar en varias cidades do Estado español, como Madrid ou Barcelona, máis de 11.000 persoas - segundo as centrais convocantes - manifestáronse este martes día 2 de marzo de 2010 polas rúas da cidade de Vigo contra o aumento da idade de xubilación proposta polo Goberno de José Luís Rodríguez Zapatero e que contempla a posibilidade de que ésta pase dos 65 aos 67 anos, unha reforma á que en Galicia i en todo o Estado español se opoñen ás centrais sindicais, nomeadamente Comisións Obreiras e a Unión Xeral de Traballadores. Segundo os organizadores, ademáis das 11.000 persoas que se manifestaron en Vigo, en Coruña - coa adhesión de Esquerda Unida foron fretados 16 autobuses - houbo preto de 10.000, en Lugo houbo 2.600 participantes, en Ourense, 2.600, e en Vilagarcía unhas 1.800 persoas.

Na cidade olívica, os sindicatos UXT e Comisións Obreiras marcharon xuntos, encabezados polos secretarios comarcais, Antonio Juste e José Cameselle Romero, respectivamente, que suxeitaban a pancarta co lema "En defensa das pensións. Non ao atraso dá xubilación". Os referidos dirixentes cualificaron de "regresivas" as medidas propostas polo Goberno central, posto que os traballadores necesitarían máis de 15 anos de cotización para ter dereito a unha pensión; insolidarias, ao cargar os recortes sobre futuros pensionistas; equivocadas, ao centrarse no gasto social e non nos ingresos, e imprudentes, "xa que ameazan o consenso político e social". Denantes de escomenzar a manifestación, que partiu pasadas as 20.00 h. do cruce da Rúa Urzáiz coa Vía Norte, representantes de Comisións Obreiras e UXT esixiron que se retire esta proposta, que se volva ás negociacións, que non se ameace o consenso, que se estude o uso indiscriminado de expedientes de regulación de emprego (ERE) que en moitos casos son "auténticos despedimentos encubertos aproveitando a crise" e que se dé prioridade a outros temas como a protección das persoas que empezan a quedar sen ingreso algún unha vez esgotadas as prestacións por desemprego, a integración no réxime xeral de pensións os réximes especiais do sector agrario e das empregadas do fogar. Como alternativa para conseguir os obxectivos que expón o Goberno, as centrais apostan pola mellora do financiamento do sistema de pensións e o aumento do salario mínimo interprofesional, vías que axudarían a "sanear" e mellorar o sistema de pensións máis que un alongamento forzado da idade de retiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario