Novas Xeracións de Pontevedra súmase á Hora do Planeta 2010
· Esta acción, promovida por WWF, ten por obxectivo implicar a máis de mil millóns de persoas en apoio á acción global contra o cambio climático.
· O presidente provincial, Javier Dorado, remitiu onte a WWF Spain a carta de adhesión da organización xuvenil do Partido Popular a esta causa.
Fernando Domínguez Martínez / Pontevedra
Novas Xeracións da provincia de Pontevedra sumouse hoxe á Hora do Planeta 2010, unha chamada a loitar contra a acción do cambio climático que se celebrará, simbólicamente, cun apagón de luces entre as 20.30 e as 21.30 do sábado 27 de marzo.
Coa pretensión de involucrar a máis de mil millóns de persoas en todo o mundo, WWF organiza por cuarto ano consecutivo unha acción que ano tras ano agrupa a un maior número de persoas, cidades, organizacións, empresas e asociacións.
Co ánimo de sumarse á loita contra o cambio climático, o presidente provincial de NN.XX de Pontevedra, Javier Dorado, remitiu no día de hoxe a WWF Spain a carta de adhesión da organización xuvenil, ademáis de trasladar o compromiso de participar en cantas accións sexan necesarias para loitar contra o cambio climático da man de WWF.
Por todo iso, Novas Xeracións de Pontevedra fai un chamamento aos afiliados, simpatizantes, e mozos pontevedreses a apagar as luces das súas casas durante a Hora do Planeta.

Ningún comentario:
Publicar un comentario