25 de mar. de 2010

OURENSE

BALTAR PRESENTOU A EXPOSICIÓN DE PACO ASCÓN NO ATENEO



O Presidente da Deputación, José Luis Baltar, presentou a exposición de pintura de Paco Ascón, no Ateneo de Ourense. A mostra fai un percorrido por lugares do Camiño de Santiago e de Ourense.


Infogauda / Ourense
Esta é a intervención íntegra do Presidente da Deputación: "Chega a este lugar tan senlleiro da nosa cidade como é o Ateneo, o punto de encontro da cultura e da vida social de Ourense, a pintura de Paco Ascón e hónrame a min coa deferencia de facer a súa presentación, algo que lle agradezo e que fago con sumo agrado a satisfación.E digo esto porque a min gústame a súa pintura. Eu non son un experto, non son un entendido. Coma en viños, uns gústanme e outros non. Pois a pintura de Paco Ascón gústame, agrádame.Paréceme unha pintura honesta, sincera, allea a artificios e claramente comprometida. Unha pintura comprometida cos seus principios plásticos, unha pintura comprometida tamén cos seus principios vitais e comprometida coa súa terra, que é a nosa: Galicia.Paco Ascón é claro nos seus principios. Para él o arte non ten nada que ver co prestixio, nin coa fama, nin moitísimo menos co diñeiro. Para o pintor, o seu traballo artístico ten máis que ver coa sensibilidade, coa capacidade de transmitir non o que vemos, senón o que sentimos. Por eso, a súa pintura, como a súa vida, é sentimento.Pintura para disfrutar e non para poseer, pintura para gozar e non para presumir, pintura para facernos máis felices cada día.Paco Ascón véuse de Barcelona para Galicia de novo, con 18 anos, e aquí, integrado nunha natureza extraordinaria en Xares, no concello da Veiga, goza desta terra coa súa dona, goza da pintura sen claudicar ante tendencias ou modas e ofrécenos unha mostra na que o Camiño de Santiago, o primeiro gran nexo da actual Europa, ten o protagonismo que sen lugar a dúbidas merece.Remato xa porque esta exposición non é para escoitarme a min, senón para agradecer o esforzo dun magnífico pintor e para gozar do seu traballo, para gozar e sentir Galicia, esa Galicia fermosa que tamén él sente e que reflicte no seu traballo. Agardo que a disfruten coma min. Moitas gracias e parabéns".

Ningún comentario:

Publicar un comentario