EU SAÚDA A INICIATIVA DE WWF-ADENA
Esquerda Unida apoia a Hora do Planeta 2010 Esquerda Unida chama a cidadanía a particpares na Hora do Planeta 2010, unha iniciativa desenvolvida pola organización ecoloxista WWF-Adena que pretende demostrar que, actuando xuntos, todos somos parte da solución ao cambio climático, a pesar do insuficiente acordo de Copenhague e o inexistente cambio de sitema económico.
A Hora do Planeta de WWF pretende implicar a máis de mil millóns de persoas e mobilizar a 6.000 cidades do mundo para demostrar o apoio global á acción contra o cambio climático.
O día 27 de marzo de 2010, de 20:30 a 21:30, cancela o teu consumo eléctrico, apaga as luces e descobre o que millóns de persoas poden facer xuntas.Un xesto, un símbolo; mil millóns de xestos, unha acción global polo clima.
Ningún comentario:
Publicar un comentario