Cores Tourís no alto da MagdalenaInfogauda / Baixo Miño
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou nas últimas horas o concello de Oia para coñecer o proxecto de reforma e mellora do alto da Magdalena (A Pedrada) onde se pretende executar unha zona de esparcimento.
O alcalde do municipio, Alejandro Rodríguez trasladou ao delegado territorial a solicitude de mellora deste entorno que terá un custo duns 50.000 euros. “O concello presentará o proxecto de reforma desta área recreativa á Consellería de Medio Rural, xa que o noso obxectivo é que poida contar cun pozo de barrena para que recollan auga as motobombas de cara a loitar contra os fogos”, engadiu o rexedor.
O concello tamén pretende dotar a esa zona de diversos servizos como varanda de madeira para o mirador ou mesas que permitan mellorala celebración da romería que celebran neste entorno tres comunidade de montes dos concellos de Tomiño e Oia.
Por outra banda, o concello de Oia tamén presentoulle ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra un proxecto para o acondicionamento das pistas do monte Pedornes. “Trátase dun lugar onde diaramente transitan numerosas personas, en especial, os amantes do parapente, polo que consideramos que é necesario melloralo acceso a esta zona”, explicou o rexedor.
Neste caso a axuda que solicitará o concello do Baixo Miño á Consellería do Medio Rural será de 24.000 euros para actuar sobre catro quilómetros.
José Manuel Cores Tourís comprometeuse a trasladar estas peticións aos departamentos correspondentes da Xunta de Galicia unha vez que o municipio entregue ambos proxectos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario