8 de mar. de 2010

A GUARDA

ESQUERDA UNIDA PRESENTOU NO CONCELLO DA GUARDA UNHA MOCIÓN SOBOR DA CONMEMORACIÓN DO 10 DE MARZO DÍA DA CRASE OBREIRA GALEGA





O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,

MOCIÓN
10 DE MARZO DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Estamos nas vésperas, un ano máis, da celebración do 10 de Marzo, o Día da Clase Obreira Galega, data na que o noso país celebra e reivindica a loita heroica dos traballadores galegos que desafiaron a represión da ditadura franquista para reclamar de maneira pacífica os seus dereitos como traballadores e asemade deron un pulo formidable á loita polas liberdades democráticas.

A data do 10 de Marzo de 1972 ten unha significación sobranceira para a construción dunha alternativa democrática e transformadora ao noso país, porque supuxo sen ningún xénero de dúbidas unha masiva deslexitimación social da ditadura. Dende o ámbito económico da produción, a clase traballadora acadou unha grande onda expansiva de simpatía e solidariedade de amplos sectores sociais e populares, que leron na espiral de violencia e represión da ditadura a súa radical incapacidade para manter un réxime de iniquidade.

A ditadura amosou a súa faciana, a da violencia que a fundou e que espallou de cotío en todos os eidos da vida social, e ela cobrouse a vida de Daniel Niebla e Amador Rey, obreiros que manifestaban na rúa as súas reclamacións pola mellora das súas condicións de traballo e polos seus dereitos. Xunto con eles houbo máis de corenta feridos de bala e numerosos detidos, entre os que se contan dirixentes obreiros como Rafael Pillado, Riobó ou Amor Deus. Cando se volveron a abrir as portas de Bazán, o 21 de marzo, faltaban 160 companheiros e sobraba a presenza da infausta Policía Armada do franquismo coa militarización da factoría.

O día 10 de Marzo naceu en Ferrol mais prendeu en todo o país e alén del, porque o exemplo da carraxe amosada polos traballadores ao desenvolver unha loita firme e cívica, pacífica e comprometida, acadou unha resonancia extraordinaria, unha luta que encheu de fendas insalvables a forza, sen razón, da ditadura.

A loita desenvolvida nas rúas de Ferrol prendeu polo país e unha vaga de solidariedade estendeuse pola comarca de Ferrolterra: houbo paros de solidariedade noutras factorías e a poboación amosou o seu apoio aos represaliados. Das cinzas da loita desenvolvida en Ferrol agromou o movemento de loita e reivindicación de setembro na cidade de Vigo.

A arxila creadora das loitas do 10 de Marzo esixe dos poderes públicos democráticos que se coide e difunda a memoria democrática das loitas obreiras e antifranquistas, que están na base da conquista das liberdades democráticas actuais. Esquerda Unida propón para a súa toma en consideración polo Pleno do concello de A Guarda a seguinte proposta de ACORDOS:

1. Que o Concello nomee unha rúa ou praza do termo municipal ca data do “10 de Marzo” en lembranza da loita pacífica e heroica da clase traballadora galega que desafiou a represión da ditadura franquista.

2. Que o Concello distribúa a todos os centros escolares do termo municipal unha unidade didáctica sobre o 10 de Marzo, para que dende as escolas se difunda a memoria democrática das loitas obreiras e antifranquistas, que están na base da conquista das liberdades democráticas actuais.
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Anónimo dixo:
Ten razón ó ToÑo el foi un luchador nato en defensa dos abreiros na "Eléctrica Guardesa" fixo non sei cuantas "Folgas" muitas....o que hay leer meu rey. A rúa do "Couto" en Camposancos é a recomendada por (Ó Camposino).
Saludos a todos os lectores de INFOGAUDA.
Anónimo dixo:
Como dí o Camposino de ehí arriba, éste home e merecedor de reconocérselle a "Rúa do Couto" en Camposancos por a loita que fai xogando a o Tenis, porque de loita obrera só de boquilla.
Anónimo dixo...
Tonio, a loita continua, non importa o que digan algúns, pero as ideas permanecen, e si algún se molesta porque xogas o tennis, si ten raqueta que salte a pista, si gaña o felicitaremos. ADIANTE.
José Antonio González Morais dixo:
Toda a minha vida laboral estiven organizado en sindicatos e no único partido de esquerdas que temos en Espanha. Estiven afiliado a CCOO, CSGE e agora CIG sempre fun as manifestacións (Contra o PSOE, 2 folgas xerais, a última organizada por CCOO-UGT,e hoxe irei a da CIG.
A envexa é un dos males dos Espanholes, e cando non tedes argumentos nin formación política decides parvadas. Ladran entón cabalgamos.
Vostedes sigan fomentando o odio e o rexurdimento do fascismo.
Anónimo dixo:
¡¡¡Formación política!!!...dí o ToÑo é ademais do unico Partido de esquerdas que temos en EspaÑa, ou sea "Partido Unico", non sei a que me sona éste nombre...>Leninismo-Estalinismo-Nacismo-Franquismo-Castrismo-Chavismo...< é si non eres da sua opinión todos somos envidiosos é parvos que ademais fomentamos ó "Fascismo",¡¡La Rehosti...!!, nada hai formarse en política de "Esquerda Unica" si nón non eres un home Formado (non falo de coÑa).
Saludos os lectores de INFOGAUDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario