O presidente da Xunta de Galicia destaca que a Xunta non só dará cobertura social, senón que “esa cobertura social nos permitirá que, cada día, se creen máis de 25 empregos en Galicia”
Autor: Xoán Crespo
Infogauda / Galicia
Feijóo: “A planificación dos nosos servizos sociais nos permitirá, de aquí a 2012, crear 10.000 empregos no eido social e favorecer entre 1.000 e 1.300 insercións laborais cada ano”.
Avoga por situar as políticas sociais ao servizo da creación de emprego e, ao emprego como base dos servizos sociais.
Anuncia medidas de estímulo ás empresas que empreguen persoas con dificultades para a súa integración, reforzaranse as políticas activas de emprego destinadas ao benestar e fomentaranse fórmulas empresariais de iniciativa social e cooperativismo neste eido.
En materia sanitaria, marca un novo obxectivo: que os pacientes prioridade 2 non esperen máis de 60 días; e subliña que se está a facer a renovación de 3.000 camas hospitalarias, o que supón o 50% da totalidade das camas instaladas no Servizo galego de Saúde.
Lembra que o Executivo galego cumpriu o seu primeiro requisito: ser un goberno austero. “Configuramos unha estrutura administrativa máis lixeira. Gastamos o mínimo posible no propio goberno e o máximo posible nos cidadáns”.
Garante que a Xunta potenciará aqueles sectores básicos e estratéxicos para a Comunidade e, por tanto, aqueles sectores que, indirectamente, poden crear inercias no resto do noso sistema produtivo.
Afirma que como país debemos aspirar a unha Galicia global “que funcione como un territorio único, que respectando a diferenza crea sinerxias, que suma recursos e que une de tal xeito que, todos os galegos sexan partícipes e beneficiarios dun proxecto conxunto que non é outro que o seu propio país”.

A última fase do apagado analóxico comezará este mércores e afectará a preto de 1.300.000 galegos das provincias de Pontevedra e Lugo
A fase III afectará ás áreas técnicas de Domaio (a meirande parte de Pontevedra e 5 concellos da provincia da Coruña) e Páramo (a maior parte de Lugo), e rematará o vindeiro 2 de abril.
Máis dun millón e medio de galegos ven xa exclusivamente a TDT tras a conclusión das fases I e II do Plan Nacional para o apagado analóxico.

O Goberno galego resolverá as dúbidas dos cidadáns a través do teléfono 012.
Javier Guerra presenta na CEG o Plan re-Forza 2010 co que o Goberno da Xunta dinamizará a economía mediante medidas de prefinanciamento de proxectos
· Javier Guerra, na presentación de re-Forza 2010
Autor: Ana Varela
Os investimentos, iniciativas de reorientación da competitividade e as iniciativas de carácter colectivo poderán acollerse por primeira vez a un sistema que contempla anticipos do 50% do apoio concedido e pagos fraccionados ata o 70%.
O conselleiro de Economía e Industria destacou que, a través do Igape, a Xunta impulsará especialmente as iniciativas orientadas a mellorar a competitividade das empresas galegas e apoiar a internacionalización.

Ler máis.
Benestar paga os atrasos de 8.857 dependentes a través dunha inxección adicional de 67 millóns de euros

Autor: Conchi Paz
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, realizou hoxe, en rolda de prensa, un balance sobre a inxección especial de pago de atrasos.
Para tramitar todos os expedientes, o departamento autonómico reforzou o persoal da área con 60 persoas.
Mato eloxiou o labor desenvolvido polos traballadores dos servizos centrais e delegacións territoriais, que se estendeu a tardes e fines de semana.
Avanzou tamén que ao longo do mes de marzo se porá en marcha, de forma gradual, unha nova aplicación informática que unificará todo o procedemento.
A titular do departamento autonómico tamén adiantou que se habilitará unha ferramenta para que os traballadores sociais dos concellos teñan acceso a datos actualizados e recursos existentes no marco da Lei.

Ningún comentario:
Publicar un comentario