ACTOS DO BNG NO BAIXO MIÑO CON OCASIÓN DO “DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES
BNG / Baixo Miño
Con motivo do 8 de marzo -que este ano coincide co Centenario da Instauración desta data como Día Internacional da Muller Traballadora e o 125 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro, precursora do pensamento feminista na Galiza- o BNG está a presentar en todos os Concellos do país mocións que teñen un sentido reivindicativo e visualizador da situación de discriminación que aínda padecen as mulleres en xeral, e as galegas en particular.
A análise sobre a situación das mulleres na Galiza -ao igual que no resto do mundo- evidencian a persistencia da discriminación de xénero. No ámbito laboral as mulleres padecen taxas de paro elevadas, teñen unha maior temporalidade e precariedade e cobran salarios inferiores que os varóns. Noutros ámbitos seguen a seren maioritariamente mulleres quen abandonan os seus postos de traballo ante a necesidade de atender a menores ou persoas dependentes.
Estas situacións non están sendo abordadas polo goberno do país. A chegada do PP á Xunta de Galiza está a supor un retroceso no desenvolvemento de políticas públicas de igualdade e o desmantelamento dos servizos que se estaban a implantar (eliminación dos equipos de igualdade das Oficinas de I+B, dos Puntos de información á Muller, parálise de prazas de gardería pública, supresión do servicio de Kangur@s, nulo desenrolo da Lei Galega contra a Violencia de Xénero, etc.).
O venres 5 de marzo de 2010 ás 21:30 no Centro Social de Estás (Tomiño), a responsable de muller de Tomiño, Linda Granada, presentará o acto conmemorativo do Día Internacional da muller e a proxección de dúas curtametraxes: Mamasunción (Chano Piñeiro Martínez, 1984) e Lentura (Plácida Baranda Valeiras e Manuel Iglesias Marín, 2003).
O luns 8 de marzo de 2010 ás 20:30 no Museo municipal de Tui, Ofelia Chicote, responsable de Muller en Tui, presentará a súa vez este acto e a proxección de dúas curtas: Lentura (Plácida Baranda Valeiras e Manuel Iglesias Marín, 2003) e Quérote mal (Mireia Giro, 2005).
O 12 de marzo de 2010, no Instituto da Sangriña (A Guarda), Hortensia García, responsable de Muller na Guarda presentará o acto do Día Internacional da muller dando paso a un recital poético sobre textos de Rosalía de Castro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario