19 de feb. de 2010

GALICIA

A DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR ALERTA DUN FENÓMENO ADVERSO DE NIVEL LARANXA POR VENTOS



Infogauda / Galicia
Na provincia de Pontevedra, A Coruña e Lugo espéranse durante todo o fin de semana ventos que poderán superar os 100 km/h.
Tamén informa dun episodio de meteoroloxía adversa de nivel laranxa por vento en mar que afectara ás provincias da Coruña e Pontevedra, pudendo acadar rexistros que superen forza nove, e olas de 4 metros.
Turismo colabora no patrocinio do programa gastronómico de TVE ‘Un país para comérselo’
As excelencias gastronómicas de Pontevedra e Ourense protagonizarán dous episodios do documental-ficción de TVE e TVE1 Internacional conducido polos actores Imanol Arias e Juan Echanove.
A través da sociedade Turgalicia, adscrita á Secretaría Xeral para o Turismo, a Consellería de Cultura e Turismo e mais o Patronato Provincial de Turismo de Ourense e o Patronato Provincial de Turismo de Pontevedra apoian a produción destes programas.
A iniciativa enmárcase dentro do Plan de Promoción da Gastronomía incluído no Programa de Actuacións do Turismo de Galicia 2010.
O DOG publica hoxe o novo Decreto de dependencia que entrará en vigor mañá
A nova normativa reducirá os tempos de tramitación de doce a seis meses e recoñecerá o dereito aos dependentes falecidos durante o proceso.
O decreto inclúe tamén a regulación dun procedemento para casos de emerxencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario