12 de febreiro de 2010
Día Internacional para acabar coa utilización de Nenos e Nenas soldados
Coalición Española para Acabar coa Utilización de Nenos e Nenas Soldados / Madrid
A Coalición Española esixe ao exército e á guerrilla colombiana que deixen de utilizar menores como soldados
En Colombia non existe ningún conflito armado interno, así o confirma o Goberno deste país. Porén, segundo datos de Nacións Unidas, Colombia é o segundo país con máis desprazados internos do mundo, e segundo o Tribunal Constitucional colombiano, un 50 por cento destes desprazados son menores de 18 anos. Entre 1997 e 2008, máis dun millón de nenos e nenas foron vítimas do desprazamento forzado. Nun recente informe do Consello de Seguridade de Nacións Unidas (agosto de 2009) sobre a situación dos menores e o conflito armado colombiano, incidíase nas graves violacións dos dereitos que sofren os nenos e as nenas na situación actual: recrutamento e utilización como soldados, morte e mutilación, actos graves de violencia sexual, desprazamento forzado; secuestro, ataques contra escolas e hospitais e denegación do acceso humanitario.
Con motivo da celebración o 12 de febreiro de 2010 do Día Internacional contra a utilización de Nenos e Nenas soldados, a Coalición Española pon en relevo as graves violacións de dereitos humanos ás que son sometidos diariamente nenos e nenas en Colombia, en especial os que sofren recrutamento forzoso e abusos sexuais.
Recrutamento forzoso. A utilización de nenos e nenas por todas as partes en conflito é xeneralizada en Colombia. O Ministerio de Defensa colombiano estima que ao redor de 8.000 menores participan en actividades militares coas guerrillas, mentres que as ONG sitúan esta cifra nos 11.000. Pero tamén, o Comité dos Dereitos do Neno denunciou a utilización de menores para actividades de intelixencia por parte do exército colombiano, pese a que a lexislación do país o prohibe.
La idade de recrutamento pasou dos 13,8 anos en 2002, ao 12,8 en 2006, segundo a Oficina do Defensor dos Dereitos Humanos en Colombia. Tanto as Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC), como o Exército de Liberación Nacional (ELN) realizaron campañas de recrutamento en colexios.
Violencia sexual contra nenos e nenas. Existe unha gran dificultade para establecer datos fiables sobre o número de abusos sexuais que se producen, xa que en moitas ocasións as vítimas non denuncian por medo ás represalias ou por desconfiar da xustiza. Porén, a Corte Constitucional colombiana establece que a violencia sexual, en especial cara menores, é “unha práctica habitual, estendida, sistemática e invisibilizada no contexto do conflito armado”.
As nenas recrutadas nos grupos armados son obrigadas a prestar servizos sexuais e, de quedaren embarazadas, son castigadas e obrigadas a abortar. A oficina do Fiscal Xeral colombiano estudou en 2008, 183 casos de mulleres e nenas vítimas de violencia sexual. Delas, o 31,2% quedaron embarazadas e abortaron estando vinculadas a grupos armados e un 40% destas sufrírono cando tiñan entre 11 e 14 anos.
Demandas da Coalición Española
No marco da Presidencia española da Unión Europea, a Coalición solicita ao Goberno español que, nos Diálogos Bilaterais España-Colombia, traslade ao Goberno colombiano e ao grupos armados ilegais a necesidade de poñer en marcha as recomendacións internacionais sobre nenos e nenas en conflitos armados.
A Coalición Española pide ao Goberno colombiano que:
§ Cumpra as resolucións do Consello de Seguridade sobre nenos e nenas en conflitos armados e os acordos internacionais sobre menores.
§ Prohiba a utilización de nenos e nenas por parte das Forzas Armadas con fins de intelixencia militar e poña fin ao interrogatorios a nenos e nenas desvinculados da guerrilla.
§ Investigue os casos de abusos sexuais cometidos por todas as partes do conflito e leve ao responsables ante a xustiza.
E ao grupos armados ilegais que:
Cumpran co dereito internacional humanitario e respecten as normas internacionais de dereitos humanos.
Se comprometan a non recrutar a menores de 18 anos e liberen a todos os menores soldado.
Denuncien e impidan os casos de violencia sexual entre as súas filas.
Cesen de inmediato os ataques dirixidos a escolas e renuncien ao uso de minas antipersoa.
Menores soldados no mundo
É imposible calcular con exactitude o número de nenos e nenas soldados. Hai decenas de miles de menores soldados en todas as rexións do mundo. Segundo datos do último informe global sobre nenos e nenas soldados da Coalición Internacional, en 2007 polo menos 24 países de todas as rexións do mundo recrutaron menores de 18 anos. Desde entón, miles de menores soldados foron liberados de forzas combatentes tras acordos de paz e programas de desmobilización en Afganistán, Burundi, Costa de Marfil, Liberia, a República Democrática do Congo, o Sur de Sudán e outros países. Porén, durante este período estalaron, reanudáronse ou intensificáronse conflitos en países como Chad, Iraq, a República Centroafricana, Somalia e Sudán (Darfur), aumentando aquí o recrutamento de nenos e nenas.
A Coalición Española para acabar coa utilización de Nenos e Nenas soldados está formada por Alboan, Amnistía Internacional, Entreculturas, Fundación el Compromiso, Save the Children e Servicio Jesuita a Refugiados.
O seu obxectivo é sensibilizar e mobilizar a poboación española fronte a esta realidade, incidir para que a realidade destes menores se manteña nas axendas políticas, realizar investigacións e pedir responsabilidades. Precisamente para dar a coñecer a realidade dos nenos e nenas soldados, a coalición pon en marcha a súa nova web, www.menoressoldados.org

Ningún comentario:
Publicar un comentario