En novembro de 2007, o voceiro do BNG, levou a pleno unha moción na que solicitaba como medida de urxencia, extender a zona azul da praza Avelino Vicente, debido aos problemas de tráfico que se observaban. En novembro de 2008, a un ano da anterior moción, o mesmo voceiro, leva a pleno a petición dun plan de tráfico que recollese varios aspectos fundamentais como a saída sur do porto, máis zonas de aparcadoiro, posibles peatonalizacions, etc..., contando para a súa elaboración coas opinións das distintas organizacións sociais e políticas do noso pobo, así como de expertos na materia. Nesa ocasión A CORTE (PSOE) vota en contra desta petición, argumentando que se irán facendo actuacións puntuais ata encamiñarse no plan de tráfico, comprométense ademáis, a realizar en catro meses, a ordenación do tráfico local, o cal xa foi acordado en Xunta de Goberno. A día de hoxe, ano 2010 (cantos xá de goberno en maioría absoluta? ou o que é o mesmo sen posibilidade de cambadelas...), do plan de tráfico nin sinais de fume. Por falta de Concelleiro de Tráfico non é. Por falta de dedicación deste (léase incentivo económico), tampouco. As únicas opcións que quedan son: Que o encargado do tema non sexa idóneo para o cargo que ostenta, ou que sexa un máis deses que cobran e só traballan para a foto. Este non parece ser o caso....ou si????
O que sé é certo e observable, é que A Guarda é un caos cotián de tráfico ao que agora se lle suman rúas en obras, mal sinalizadas, e onde encontrar aparcadoiro convértese cada día na "busca do tesouro perdido".
Nas zonas azuis, dispoñemos de policía local, que cumprindo estrictamente coas súas funcións, pasan asíduamente, a agasallarnos cun papeliño no parabrisas do noso auto se nos excedemos do horario que nos corresponde, pero que nunca nos regalan nada se aparcamos en dobre e ata triple fila fronte a algún supermercado próximo a un ás da baralla. Onde quedaron os catro meses do compromiso asumido? Ocórreseme novamente un refrán que di "o que non sabe é como o que non ve", e por todo o anteriormente dito, é evidente que o responsable do tema, saber, sabe pouco, e ver, soio os cartos da súa dedicación ó fin do mes.
zzz.....MOSQUITO CAPÓN
zzz.....MOSQUITO CAPÓN

Ningún comentario:
Publicar un comentario