19 de xan. de 2010

TUI

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONCEDE DÚAS SUBVENCIÓNS DO PLAN DE INVESTIMENTOS Ó CONCELLO DE TUI POR VALOR DE 265.000 EUROS


Servirán para acometer o peche exterior da Macoca e as obras de saneamento, abastecemento e mellora de viais en Pazos de Reis.

Infogauda / Tui

A Deputación de Pontevedra, reunida hoxe en Xunta de Goberno, aprobou a concesión de dúas subvencións ó concello de Baiona para a realización das obras de “Peche exterior das instalacións deportivas da Macoca” e “Saneamento, abastecemento e mellora de viais en Pazos de Reis”, correspondentes ó Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011.
O abono da subvención para a primeira actuación, valorada en 197.865 euros, distribuíuse en dúas anualidades: 98.932 euros cada ano. A segunda, pola súa banda, sufragase nos seguintes termos: 32.453 euros na primeira anualidade e idéntica cantidade na segunda.
Estas subvencións aprobadas esta mañá súmanse as concedidas noutros concellos, que só no día de hoxe acadaron o millón de euros, se ben Louzán recordou que “as actuacións que non chegan os 50.000 euros apróbanse directamente, non pasan por Xunta de Goberno, adxudícanse segundo os convenios correspondentes cos concellos”.
Louzán recordou tamén que este Plan de Investimentos da Deputación axudará ós concellos, cun total de 70 millóns de euros destinados a acometer máis de 520 obras en toda a provincia e que posibilitará máis de 3.000 postos de traballo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario