O bloqueo israelí de Gaza continúa a asfixiar a vida cotiá
Entra en www.actuaconamnistia.org e pide ás autoridades israelís que levanten o bloqueo sobre Gaza
Amnistia Internacional / Vigo
Amnistia Internacional / Vigo
Cando se cumpre un ano da fin da ofensiva militar israelí contra Gaza, Amnistía Internacional manifestou que Israel debe pór fin ao asfixiante bloqueo que mantén sobre a Franxa de Gaza, que obriga a 1,4 millóns de palestinos a vivir illados do mundo exterior, soportando a duras penas condicións desesperadas de pobreza.
No informe titulado Asfixiante: El bloqueo israelí de la Franja de Gaza Amnistía Internacional reuniu testemuños de persoas que aínda se esforzan por reconstruír a súa vida tras a operación ‘Chumbo Fundido’, a causa da cal morreron uns 1.400 palestinos e resultaron feridos milleiros máis.
A organización tamén lanza unha ciberacción, accesible en www.actuaconamnistia.org, para que a cidadanía poida esixir ás autoridades israelís que levanten o bloqueo sobre Gaza.
“Israel afirma que o bloqueo que mantén sobre Gaza dende xuño de 2007 é unha resposta aos ataques con foguetes de efectos indiscriminados que grupos palestinos armados lanzan dende alí contra o sur de Israel –manifestou Malcolm Smart, director do programa para Oriente Medio e o Norte de África de Amnistía Internacional-. Porén, o certo é que o bloqueo non afecta aos grupos armados, senón que é un castigo para toda a poboación de Gaza, pois restrinxe a entrada de alimentos, equipo médico, material educativo e materiais de construción”.
“O bloqueo constitúe un castigo colectivo segundo o dereito internacional e debe ser levantado de inmediato”.
De acordo co dereito internacional, Israel, como potencia ocupante, ten o deber de garantir o benestar da poboación de Gaza, incluído o seu dereito á saúde, á educación e a unha alimentación e unha vivenda axeitadas.
Durante a operación ‘Chumbo Fundido’, que se prolongou do 27 de decembro de 2008 ao 18 de xaneiro de 2009, morreron 13 israelís, incluídos tres civís no sur de Irreal, onde máis decenas resultaron feridos en ataques con foguetes de efecto discriminado lanzados por grupos armados palestinos.
En Gaza, os ataques israelís danaron ou destruíron edificios e infraestruturas civís, incluídos hospitais e escolas e os sistemas de subministro de auga e electricidade. Milleiros de vivendas palestinas resultaron destruídas ou sufriron graves danos.
Calcúlase que 280 das 641 escolas de Gaza sufriron danos e 18 foron destruídas. Máis da metade dos habitantes de Gaza son menores de 18 anos, e a interrupción da súa educación, debido aos danos causados durante a operación ‘Chumbo Fundido’ e á persistencia do boicot israelí, está tendo un efecto devastador.
Os hospitais tamén se viron moi afectados pola ofensiva militar e o bloqueo. As autoridades israelís negaron reiteradamente a entrada en Gaza aos camións de axuda médica da Organización Mundial da Saúde sen ofrecer explicación algunha.
As autoridades israelís seguen impedindo ou demorando a saída de Gaza de persoas con enfermidades graves que non poden ser tratadas alí: dende o peche dos pasos de entrada e saída de Gaza, os enfermos teñen que solicitar permisos para saír, pero estes adoitan ser denegados. O 1 de novembro de 2009, Samir al-Nadim, pai de tres fillos, morreu tras ter retrasado 22 días a súa saída de Gaza para realizarlle unha operación de corazón.
Amnistía Internacional falou con varias familias cuxos fogares foron destruídos na operación militar israelí e que, un ano despois, continúan vivindo en aloxamentos temporais.
Mohammed e Halima Mslih e os seus catro fillos de curta idade fuxiron do seu fogar, no pobo de Yuhor al-Dik, no sur da cidade de Gaza, durante o conflito, hai un ano. Entón, os bulldozers do exército israelí demoleron a casa.
“Cando regresamos, todo estaba esnaquizado. A xente dábanos comida porque non tíñamos nada”, explicou Mohammed Mslih.
Seis meses despois do alto o fogo, a familia vivía aínda nunha tenda de delgada tela de nailon. Só agora puideron construír unha sinxela vivenda permanente, mais temen que as continuas incursións militares israelís destrúan o pouco que lles queda.
O desemprego está aumentando vertixinosamente en Gaza, xa que, co bloqueo, os negocios que quedan sobreviven a duras penas. En decembro de 2009, a ONU informou de que o desemprego en Gaza era superior ao 40 por cento.
“O bloqueo está sufocando practicamente todos os aspectos da vida dos habitantes de Gaza, máis da metade dos cales son nenos e nenas –sinalou Malcolm Smart-. Non se pode deixar que o illamento e o sufrimento crecentes da poboación de Gaza persistan. O goberno israelí, como potencia ocupante, debe cumprir a obriga xurídica de levantar o bloqueo sen demoras”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario