A DEPUTACIÓN ASINA CON CAIXA GALICIA UN CRÉDITO QUE SERVIRÁ PARA FINANCIAR O PLAN DE INVESTIMENTOS PARA OS ANOS 2010-11
Infogauda / Pontevedra
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asinou esta mañá co Delegado Territorial de Caixa Galicia en Pontevedra, Xosé Manuel Fernández, unha operación de crédito por importe de 21.200.000 euros.
Louzán explicou que «o prazo de vixencia desta operación é de 12 anos, cun prazo de carencia de 2 anos, de dispoñibilidade de 2 anos, e de amortización ós 10 anos seguintes, con cuotas de amortización trimestrais constantes». O tipo de interese será o variable euribor trimestral + 0,60 de diferencial, sen comisións de apertura e amortización anticipada nin de outro tipo.
En verbas do presidente provincial, a operación «servirá para financiar o Plan de Investimentos da Deputación na anualidade de 2010-2011, un Plan de Reactivación Económica que non suporá gastos ós concellos e posibilitará a execución de 532 proxectos, distribuídos en función da poboación e a superficie de cada municipio».
«Con este plan», explicou Louzán, «a Deputación investirá 230 millóns de euros desde o vindeiro pleno ata o final de lexislatura: 70 millóns do Plan de Reactivación e 160 de inversións propias e proxectos en dúas anualidades. Son inversións produtivas, que xerarán máis de 2.000 postos de traballo, e orientadas a servizos básicos, medioambientais, calidade de vida, humanizacións, innovación e eficiencia enerxética».
O Delegado Territorial de Caixa Galicia en Pontevedra, pola súa parte, manifestou «a satisfacción que supón para a nosa entidade poder contribuír ó desenvolvemento deste ambicioso plan de obras da Deputación, un plan que xerará riqueza e emprego».
Fernández salientou que «esta achega que realizamos amosa ás claras as condicións competitivas que ofrecemos ás administracións, non en van, somos un socio natural da administración local e así o estamos a demostrar: neste momento o investimento crediticio en concellos en Galicia pola nosa parte está nos 310 millóns de euros de saldo vivo».
Por último, o delegado de Caixa Galicia fixo fincapé no apartado social, no que, afirmou, «só na provincia de Pontevedra, temos investido nos últimos cinco anos máis de 60 millóns de euros en actividades socioculturais, o que supón un investimento de 60 euros por cada pontevedrés e 300 euros por cada pontevedrés cliente da nosa Caixa».

Ningún comentario:
Publicar un comentario