8 de dec. de 2009

A GUARDA

O PORTAVOZ DE ESQUERDA UNIDA SOLICITA Ó CONCELLO A RETIRADA DE PLÁSTICOS DA ZOA DE A CHOR
O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Xubilados de Camposancos, pasean ata a Katanga e séntanse cara ao mar falando das noticias do día, do vento e do estado do mar etc...., para saber a dirección do vento cravan unha estaca e colocan na parte superior unha cinta de plástico e decátanse a dirección do vento e forza aproximada do mesmo.
Deste xeito naceu un espectáculo patético e impropio dos nosos tempos. O sitio concreto é fronte a Katanga, (Estrada PO-352 no Km 3), baixando polo caminho que vai ata Congrido e o Seixal, a esquerda ollamos moitas ramas de paus, cravados no chan, na parte superior colócanlle arame con botellas de plástico de cores e tamanhos diferentes. Podémolo definir como punto de merda cara ao vento.
Estes creadores, defensores de “arte” tenhen que decorar súas propiedades, da mesma maneira e trasladar parte da “xenial obra” a entrada do Concello e Museo Galego, así veríase reflexada a “Cultura Guardesa”. A idade ata o día hoxe non ten cura, fainos mais inútiles, fisiolóxicamente e mentalmente.
Dende EU SOLICITAMOS:
Que dende o Concello se tomen as medidas oportunas para limpar, recomponher o lugar, por ser un miradoiro natural, e sendeiro de caminhantes da desembocadura do río Minho.
A Guarda, 09/12/2009

Ningún comentario:

Publicar un comentario