INICIADAS AS OBRAS SENDA LITORAL GUARDESA
A maquinaria iniciou os traballos en Camposancos. A zona, formada por recheos, vaise destiñar como aparcadoiro co fin de evitar que os coches queden aparcados na estrada de acceso á praia do Muíño.
Foto: Agustín Ferreira Lorenzo / Anabam
Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)
O luns 30 de novembro deron comezo as obras da senda litoral que, partindo do porto da Guarda, discorrerá polo litoral da costa sur deste municipio ata a praia fluvial de Camposancos. Esta senda, na maior parte do seu percorrido vai ser peonil, contando tamén cun tramo de carril bici.
No proxecto tívose en conta a suxerenza de ANABAM de preservar o Seixal, un enclave único da costa guardesa que se atopa entre a depuradora e a zona denominada Ribel. Unha pasarela de madeira salvagardará a acumulación de seixos (cantos rodados) que de forma natural se atopan depositados na zona.
ANABAM espera que esta senda natural sexa respectuosa co entorno, tal e como se puxo de manifesto cando se iniciou a redacción do proxecto, hai disto máis de seis anos, cando o presidente desta asociación acompañou a técnicos do Servizo Provincial de Costas pola zona.

Ningún comentario:
Publicar un comentario