24 de dec. de 2009

GALICIA

O DOG publica as bases reguladoras das subvencións a proxectos dinamizadores de áreas rurais e a convocatoria 2010



Infogauda / Galicia
Estas axudas, xestionadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) van dirixidas á mellora da calidade de vida nas zonas rurais e á diversificación da economía rural.
O prazo de presentación das solicitudes é de 60 días naturais contados dende o seguinte a esta publicación.
Os beneficiarios poden ser membros dunha unidade familiar ligada a unha explotación agraria, asociacións de empresarios, fundacións e entidades sen ánimo de lucro ou mesmo concellos e mancomunidades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario