4 de nov. de 2009

PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN SUBVENCIONA CON 95.969 EUROS OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO CONSORCIO CONTRA INCENDIOS DO BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA


Infogauda / Pontevedra
A Xunta de Goberno da Deputación acordou hoxe aprobar unha achega de 95.969 euros para o Consorcio Contra Incendios e Salvamento do Baixo Miño, Condado e Louriña.

Esta achega irá dirixida a sufragar os gastos de funcionamento correspondentes ó cuarto trimestre do ano 2009. As achegas para cubrir os gastos de funcionamento do consorcio corren a cargo da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial ó 50 %.

Ningún comentario:

Publicar un comentario