O BNG denuncia o estado da cuberta da piscina municipal da Guarda
O portavoz municipal do BNG insta ao goberno municipal á que tome as medidas para arranxar as deficiencias
O portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, denuncia o mal estado da cuberta municipal.
O concelleiro nacionalista lembra que no pasado pleno celebrado o 31 de xullo solicitou ao grupo de goberno que arranxase as deficiencias que existen na cuberta da piscina municipal, onde existen filtracións.
A resposta do concelleiro de Servizos e Tráfico, Paulino Rodríguez González, foi a de acusar á empresa concesionaria de deixadez no mantemento. Tamén asegurou que se ían peritar as deficiencias e que se tomarían as medidas necesarias.
Tres meses despois, o grupo de goberno non ten tomado ningunha medida dado que coa chegada das primeiras choivas, seguen existindo as filtracións na cuberta da piscina municipal; o peor é que non se tratan simples goteiras se non que se poden apreciar auténticos chorros de auga que caen na grada de espectadores.
Os nacionalistas advirten que de persistir o problema e non tomar medidas podería acabar afectando á estrutura do inmóbel debido ao continuo filtrado da auga.
Ante o desinterese e desidia do Goberno municipal, o portavoz municipal do BNG, presentou un escrito no concello denunciando o estado da piscina e lembrando ao grupo de goberno que tivo tempo máis que suficiente para poder arranxar as deficiencias existentes, que a responsabilidade última de manter as dependencias municipais en óptimas condicións sempre é do Concello, na persoa do concelleiro delegado e en última instancia do Alcalde.

Ningún comentario:
Publicar un comentario