A COMISIÓN COMARCAL DA MULLER DO BNG NO BAIXO MIÑO CELEBRA O SEU PRIMEIRO ACTO CON MOTIVO DO 25 DE NOVEMBRO DE 2009, O PRÓXIMO VENRES 13 NA GUARDA
COMISIÓN DA MULLER DO BNG NO BAIXO MIÑO
O próximo venres 13 de novembro de 2009, ás 20:30 no Centro Cultural de A Guarda terá lugar o primeiro dos actos que a Comisión Comarcal da Muller no Baixo Miño, vai a celebrar en toda comarca con motivo do 25 de novembro de 2006, Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.
Co lema “Contra a violencia de xénero: máis sensibilización, máis medios, máis recursos” a Comisión pretende concienciar a poboación de que aínda que se teñen feito grandes avances na antiga lexislatura en Galiza coa aprobación dunha Lei específica para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero (Lei 11/2007) e coa apertura dos recursos sociais a todas as mulleres con independencia de que conten cunha orde de protección ou non, aínda queda moito por facer para erradicar a violencia, a discriminación e a subordinación das mulleres e para acadar unha sociedade igualitaria.
O acto será presentado por Hortensia García Díaz, Responsable Local de Muller do BNG da Guarda, quen estará acompañada pola Responsable Comarcal da Muller do BNG, Carme Verde Diego, e por Carmen Mª Baz Alonso, Responsable da Muller de Galiza Nova.
O acto consistirá na interpretación dunha peza teatral en relación a violencia de xénero e continuará cunha charla sobre xénero que impartirá Iolanda Veloso, Concelleira de Igualdade no Concello de Vigo.
A Comisión Comarcal da Muller no Baixo Miño invita a todas aquelas persoas, homes e mulleres, as que lle preocupe a violencia de xénero a que participen desta actividade, nomeadamente fai un chamamento as diferentes asociacións de mulleres do Baixo Miño, as mulleres que traballan en contacto con outras mulleres nos centros de saúde, nos centros sociais, nos servicios sociais, en definitiva a todas as mulleres que de xeito directo ou indirecto teñan contacto cos problemas que provoca a violencia de xénero.

Ningún comentario:
Publicar un comentario