A BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DA GUARDA ACADA UN 2º POSTO NO IX CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA
A Banda de Música da Agrupación Musical da Guarda no decurso da súa brillante actuación
Logo de coñece-lo veredicto do durado do certame os xóvenes músicos de A Guarda expresaron seu xúbilo. Por uns instres, o director Víctor Luís Alonso Treinta estaba no mesmo ceo.
As expresións das mozas e mozos da Agrupación Musical da Guarda amósannos súa satisfacción polo éxito acadado
O 2º posto no IX Certame Provincial de Bandas de Música sabe a groria bendita. É o premio a un traballo continuado por parte de todos/as, é un incentivo para continuar a andaina.
que se desprazon a Capital do Lérez
Reportaxe fotográfica: Lalo Rodríguez Pereira
Infogauda / Pontevedra
A participación da Banda de Música da Agrupación Musical da Guarda no IX Certame Provincial de Bandas de Música, orgaizado pola Deputación de Pontevedra, e que tivo lugar nesta fin de semana, non pudo resultar máis brillante. O 2º posto da súa categoría, acadado o pasado venres pola Agrupación Musical da Guarda, no devandito certame que tivo lugar no Pazo da Música de Pontevedra, é todo un éxito - especialmente polo nivel das demáis formacións participantes da mesma categoría - que vén a recoñecer o traballo desenvolvido polos profesores, músicos, nais e pais e colabouradores da Banda de Música da Agrupación Musical da Guarda. Asemade é un incentivo para continuar na labor escomenzada desde súa fundación.

Desde Infogauda nosos parabéns a tódolos/as que fixeron posible ese éxito.
Premer aquí para acceder a galería fotográfica, da autoría de Lalo Rodríguez Pereira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario