16 de out. de 2009

OURENSE

XOÁN BABARRO GAÑA O PREMIO “PURA E DORA VÁZQUEZ” DE NARRACIÓN





Xoan Babarro González resultou gañador da VII edición do premio “Pura e Dora Vázquez” de narración, por acordo unánime do xurado, reunido hoxe no Centro Cultural da Deputación de Ourense, co seu traballo titulado “Palabra era un universo paralelo”.

Infogauda / Ourense
Este premio, que convoca anualmente a Deputación de Ourense nas súas modalidades de narración e ilustración, chega á súa sétima edición e está dotado con 3.000 euros para cada unha das categorías (narración e ilustración).O xurado avaliou de maneira especial a calidade léxica do texto e a relación coas novas tecnoloxías, chegando a definilo como “un conto informático no mundo das letras” e que vai gañando en intensidade segundo avanza a historia. Trátase dun traballo altamente elaborado, cunha liña argumental claramente definida.O xurado desta edición estivo integrado por Concha Blanco (gañadora da pasada edición), José Manuel Fernández López (educador), Xosé Paz (pedagogo) e Antonio Piñeiro (xornalista). Como secretario oficióu o director do Centro Cultural, Francisco González, e presidíu o xurado o deputado de cultura, José Luis Valladares.Xoán Babarro, de ampla experiencia no mundo das letras galegas, é natural de Ourense, aínda que reside dende hai anos na Coruña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario