O CONSELLO DA XUNTA APROBA A COLABORACIÓN TÉCNICO-FINANCEIRA CO CONCELLO DE TUI PARA EXECUTAR O COLECTOR XERAL DE SAN SIMÓN POR UN IMPORTE DE CASE UN MILLÓN DE EUROS
A esta actuación engadiranse obras nos concellos do Porriño, Salceda de Caselas e Mos para completar o sistema de saneamento do río Louro á rede de colectores da Edar de Guillarei
A Xunta financiará o 100% das obras, que darán servizo a unha zona de máis de 1.500 habitantes e terán un prazo de execución de oito meses
O colector de San Simón recollerá as augas residuais do río Louro que serán conducidas para, posteriormente, seren tratadas pola EDAR de Guillarei
Infogauda / Baixo Miño
O Consello da Xunta autorizou esta mañá a sinatura dun acordo polo que se aproba a colaboración técnico-financeira entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Tui, que ten como principal obxectivo a execución das obras do colector xeral de San Simón, ás cales se destinarán case un millón de euros, dividido en dúas anualidades.
O departamento que dirixe Agustín Hernández financiará o 100% do custo das obras, que se executarán nun período de oito meses e que ao seu remate darán servizo a máis de 1.500 habitantes, que tamén se beneficiarán da EDAR de Guillarei. Cómpre destacar que o colector de San Simón recollerá as augas residuais do río Louro que serán conducidas para, posteriormente, seren tratadas pola EDAR de Guillarei.
Este tipo de obras responden á colaboración que establece a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas coas entidades locais para o desenvolvemento de infraestruturas, debido a que os concellos teñen un orzamento insuficiente para poder financialas.
Obras que se van realizar
As actuacións previstas neste convenio inclúen os treitos necesarios para conectar o saneamento existente na parroquia de Ribadelouro co colector xeral do Louro, para poder completar a conexión das redes de saneamento coa EDAR de Guillarei.
Comprende a execución de 2.002 metros de colector na súa maioría de 315 milímetros e tres bombeos, situados en Porto de Bouzas, Cotarel e San Simón.
Para levar a cabo os colectores, terase que atravesar a estrada PO-342, e tamén existirán tubaxes baixo os ríos Louro e San Simón, mentres que o último cruza perpendicularmente un sendeiro que parte do Camiño de Portugués, no treito Tui- Redondela; outro tramo transcorre por unha vía de servizo da autoestrada AP-9 e unha afección ás estradas EP-2502 e PO-342. Neste proxecto tamén se inclúe a reposición dos servizos e pavimentos afectados por estas obras.
O Concello de Tui comprometeuse á entrega dos terreos e auga necesarios para a execución das obras, así como todas as autorizacións administrativas necesarias para a realización destas.
Por outra banda, mantén o compromiso de asumir a explotación, mantemento e conservación das obras e de levar a cabo os traballos ordenados pola inspección facultativa despois da súa execución.
Todas estas actuacións forman parte do compromiso da Xunta de Galicia de levar a cabo a mellora dos saneamentos da comunidade autónoma galega.
Edar de Guillarei
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licitou no mes de setembro a xestión do sistema de saneamento do río Louro e da estación de augas residuais de Guillarei, por un importe de case 4 millóns de euros. O sistema de saneamento do Río Louro recolle as augas procedentes dos concellos de Tui, O Porriño, Salceda de Caselas e Mos a través dunha serie de infraestruturas que comprenden unha rede de colectores xerais, tanques de tormenta, estacións de bombeo e estación de tratamento de augas residuais. As obras autorizadas hoxe polo Consello da Xunta terán continuidade con outras actuacións nos municipios citados.
Debido á magnitude do saneamento da bacía do río Louro e da Edar de Guillarei, Xunta e Concellos apostaron por constituír un consorcio para a xestión e explotación do saneamento, da que formarán parte a Administración hidráulica de Galicia e os municipios beneficiarios. A participación da Xunta neste organismo será do 42,81%.
Esta entidade será a encargada de xestionar o saneamento da bacía do río Louro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario