NA ETAPA DE ONTE, SERAFÍN MARTÍNEZ ACEVEDO, FIXO UNHA MAGNÍFICA LABOR

Onte subiu novamente no podio o ciclista rosaleiro Serafín Martínez Acevedo, do Xacobeo Galicia
Juan Ramón Martínez Barbosa / O Rosal
O ciclista do Xacobeo Galicia, Serafín Martínez Acevedo foi un dos protagonistas da etapa de onte na Vuelta a España ao escaparse con outros 12 corredores. Entrou en meta no 8º posto e conseguiu remontar ata a posición 44ª da Clasificación Xeral dos 154 corredores que aínda quedan na Vuelta. Tamén gañou onte seu terceiro "Sprint Solidario", polo que volveu a subir ao podium.
Ningún comentario:
Publicar un comentario