HOMENAXE O POETA XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO
Infogauda / O Ribeiro
O Pen Clube de Galicia (sección galega do PEN Internacional, composto por escritores en lingua galega) coa colaboura da Deputación de Ourense, e os Concellos de Cenlle e Ribadavia, organiza unha homenaxe o profesor e poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro (As Chabolas, 10 de febreiro de 1949 – A Guarda, 14 de maio de 2008 ), que terá lugar na comarca do Ribeiro o vindeiro sábado día 19 de setembro.
Os actos escomenzarán ás 12 do mediodía, en As Chabolas (Ribadavia), diante da casa natal do poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro, onde será descoberta unha praca conmemorativa, que ademáis do correspondente texto, levará o logotipo do Pen Clube.
A continuación intervirá o catedrático de Literatura galega, ensaísta e membro da Real Academia Galega e do consello da Cultura Galega, Xesús Alonso Montero.
O remata-la súa intervención o profesor Alonso Montero, a família de X. C. Gómez Alfaro, expresará seu agradecimento os promotores deste acto en lembranza do poeta ribeirao.
Asemade unha representación de compoñentes da Real Banda da Gaitas da Deputación de Ourense, interpretará o Himno Galego.

OS ACTOS CONTINUARÁN EN RIBADAVIA
O programa de actos terá continuidade ese mesmo sábado, ás 13:00 h., na Casa da Cultura de Ribadavia, onde Luis González Tosar, presidente do Pen Clube, abrirá o turno de intervencións.
Deseguido fará uso da palabra, o poeta e crítico literario Román Raña Lama, autor do limiar de "Altaluz", libro póstumo de Xosé Carlos Gómez Alfaro.
A continuación varios poetas recitarán poemas de Gómez Alfaro, o tempo que un violinista porá fondo musical a decramación poética.
O acto rematará con unhas verbas de agradecimento da familia do poeta.

Ningún comentario:
Publicar un comentario